tecnocesures

28 junho 2006

BENVIDA
Isto é un blog.
Se queredes unha definición máis concreta, sempre lle podemos preguntar a Google (como non!), ou ir directamente á Wikipedia: é un sitio de internet que funciona a xeito de enciclopedia.
Seguramente vos decastes de que a palabra 'definición' vai nun tipo de texto distinto. Iso é porque funciona coma un link. Podemos acceder, se facemos click sobre ela, a outra web (neste caso á Wikipedia que vos conto).
A cuestión é que pensei que, se cadra, era bo termos un lugar ao que poder acceder dende calquera parte do mundo para consultar asuntos que teñan que ver coas nosas materias tecnolóxicas. Deste xeito, a parte de telo todo un pouquiño máis claro, vos habituades a utilizar o ordenador para algo máis que xogar (que tampouco está mal) ou ver Futurama (caso de Chaves).
Tamén montei unha dirección de correo electrónico:
para que poidades preguntar as dúbidas que teñades ou dicirme o moito que me queredes (perder de vista).
E para finalizar, un link sorpresa ('link' significa enlace, así de paso aprendemos inglés).
Pasádeo ben e bo curso!!!

Etiquetas:

2 Comments:

At 12:20 da tarde, Blogger os tecnolóxicos said...

Como vedes, tamén podedes facer os vosos propios comentarios. Poden ser serios... ou non. Podedes dicir algo interesante, insultarme a min, a algún árbitro que necesitaría lentes novos... en fin: podedes poñer o que queirades. Agradeceríase, de calquera maneira, que asinásedes o que escribides para que nos vaiamos coñecendo un pouco mellor e nos divirtamos lendo isto.

 
At 11:42 da manhã, Anonymous Anónimo said...

gran partido o do celta de onte. ewste ano descendemos a segunda e gañamos a UEFA. meu arbitro faborito e o que pitou un penalti a 5 metros do area. ou a arbitro brasileira que dou un gol cando o recolle pelotas introduciu o balon na porteria. P€dro.

 

Enviar um comentário

<< Home