"REPARTO" DA RIQUEZA
Hai oito días Gabriel Lemos publicou en La Voz de Galicia esta noticia, na que fala da
desigualdade na distribución da riqueza. Desgraciadamente na web non colgaron o
gráfico no que recollían a información máis interesante.
O infográfico reflectía, por exemplo, que
o 0'7% das persoas máis "ricas" da terra posúen o 44% da riqueza e
que o 7'9% seguinte posúe o 41'3% da riqueza; é decir: o 8'6% dos máis ricos
posúen o 85'3% da riqueza.
Como vedes, son datos aínda peores cós do
gráfico que vai aquí pegado, que corresponde a un gráfico de 2009 sacado dunha
entrada dunha bitácora de 2011. Nel vemos que o 20% da poboación máis rica posuía o
82'7% da riqueza.
Na noticia Lemos indica tamén que o 69'8% dos habitantes con menos riqueza da terra posúe só o 2'9% da riqueza. Tamén é un dato aínda peor có que se saca do gráfico de 2009, no que o 60% da poboación con menos recursos posuía só o 5'6% da riqueza.
Arrepiante. E cada vez peor.
Etiquetas: RECURSOS, SUSTENTABILIDADE
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home