tecnocesures

03 outubro 2018

DATAS DOS EXAMES DE PENDENTES

Os alumnos e alumnas que teñades Tecnoloxía pendente do ano académico anterior podedes esperar a recuperala á convocatoria de setembro, como tamén podedes esperar á de maio. Pero tedes tamén outra posibilidade, máis recomendable, que é recuperala durante o curso en tres probas. Xa vos dei aos e ás que a tedes suspensa información sobre as datas e a materia de cada proba, así como das condicións para superar a materia con estas tres probas e da obrigatoriedade de realizar estas probas nas datas indicadas. Esa mesma folla está pegada na porta do taller de Tecnoloxía. En todo caso, póñovos tamén aquí o recordatorio coas datas desas probas parciais.

TECNOLOXÍA DE 2º DE E.S.O. PENDENTE:
As probas realizaranse durante a sesión de Tecnoloxía de 3º correspondente a ese día.
1ª proba: Martes, 6 de Novembro de 2018.
2ª proba: Martes, 29 de Xaneiro de 2019.
3ª proba: Martes, 23 de Abril de 2019.

TECNOLOXÍA DE 3º DE E.S.O. PENDENTE:
As probas realizaranse DURANTE OS SEGUNDOS RECREOS nos días indicados.
1ª proba: 5, 6 e 8 de Novembro de 2018.
2ª proba: 28, 29 e 31 de Xaneiro de 2019.
3ª proba: 23 e 25 de Abril de 2019.