tecnocesures

13 março 2020

EXAMES DE TECNOLOXÍA, TIC E IAEE DE FINAIS DE MARZO

As datas dos exames que teríamos que realizar na última semana de marzo serán fixadas cando volva haber clase.
As datas anteriormente fixadas (as que estaban postas) deixan de ser válidas.
Se non houbese posibilidade de realizar os exames antes de poñer as notas da 2ª avaliación, as notas (da 2ª avaliación) corresponderán ao traballo avaliado nos exames que xa foron realizados. A materia pendente de avaliar da 2ª avaliación pasaría a contar para a nota da 3ª avaliación (que, polo tanto, pasaría a valer máis do previsto).
Durante os próximos días irei dando indicacións sobre o traballo a facer en cada curso. En principio, recoméndovos que vaiades repasando a materia xa dada pero non avaliada e que non saiades de casa a non ser que fose imprescindible.
Paciencia!!!

Se queredes consultar calquera cousa podedes escribirme ao correo:
envilope@edu.xunta.es