tecnocesures

15 outubro 2007

BLOG DE 4º: TEMAS PARA O PRIMEIRO POST

Os temas que escollestes para a Primeira Avaliación, e que son válidos cos matices que indico, son os seguintes:

RUBÉN: A contaminación de FINSA: en que consiste, como evitala e que consecuencias ten para o pobo de Cesures.

UXÍO: Os coches ecolóxicos: en que consisten (que tipos hai), vantaxes, limitacións.

JAVIER: Causas, consecuencias e como reducir o problema do quecemento global.

BORJA: Biocombustibles: vantaxes e posibilidade real da súa utilización a grande escala (custo, cantidade de solo que precisan...).

CATUXA: Avances na Medicina debidos á Tecnoloxía.

MIREIA: Aportes da Tecnoloxía para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade física.

EVA: Consecuencias positivas da reciclaxe sobre o Medio Ambiente e a Economía.

ALBA: Evolución das características e prestacións dos ordenadores. Proxeccións cara o futuro (cara onde se espera que evolucionen).

DAVID: Que é e para que serve o Acelerador de partículas.

Recordade os requisitos que teñen que cumplir os posts:

- tedes que buscar 4 webs das que ides sacar a información para escribir o texto.
- tedes que buscar 5 webs (distintas das 4 anteriores) que ides utilizar coma ligazóns.
- tedes que buscar 2 webs (distintas das 9 anteriores) das que ides sacar as imaxes.

Estes son requisitos MÍNIMOS.

Xa sabedes que o texto ten que ter unha extensión MÍNIMA dunha páxina a Times 12, e que ten que ter un sentido por si só (dea unha información, vaia ben estruturado, etc.) ademais de servir para conectar coas ligazóns para ampliar información sobre algún dos aspectos que indicades no voso texto.

Tedes os requisitos explicados con maior detalle en posts anteriores deste blog.

Etiquetas: