tecnocesures

13 janeiro 2015

TEMA DO 2º TRIMESTRE E DATA DE ENVÍO DO POST

Como na 1ª avaliación, tedes que remitirme o tema do voso post para que eu vexa se é un tema apropiado e /ou se teño que facervos correccións no enfoque que lle dades xa desde o principio. Nesta 2ª avaliación, só temos 9 sesións en total (contando a de hoxe e a do día de entrega).
O último día para remitirme o post da 2ª avaliación é o martes 17 de marzo e a hora límite as 13h05. Podedes remitilo con anterioridade, pero non antes do xoves 12 de marzo, xa que tedes que aproveitar ben o tempo para facer un post completo.
Loxicamente, o tema teño que aprobalo previamente. Por iso, o 27 de xaneiro, como moi tarde, debedes enviarme un correo explicándome o enfoque que lle queredes dar ao voso post nunhas seis liñas (como sempre, a tecnocesures@hotmail.com). Recordade que no asunto do correo debedes indicar "Tema Xaquín" se é Xaquín quen me envía o correo.

Etiquetas:

09 dezembro 2014

ENVÍO DO POST DA 1ª AVALIACIÓN

Today is the day.
Recordade como hai que enviar o post.
Calquera dúbida que teñades, preguntádema.
A min!

Etiquetas:

30 setembro 2014

TEMA DO PRIMEIRO POST

Como vos dixen, ANTES DO MARTES 14 DE OUTUBRO ÁS 12h45 tedes que enviarme un correo electrónico ao meu enderezo (tecnocesures@hotmail.com) explicándome nunhas 5 ou 6 liñas o tema do voso primeiro post para que eu vexa se o tedes ben enfocado ou se hai que facer algunha corrección xa desde o principio.

Cando me enviedes o correo co tema, en "Asunto" debedes poñer "Tema Carlos", se é Carlos quen mo envía. A descrición do tema ten que ir como texto do correo, NON COMO ARQUIVO ADXUNTO. Podedes escribilo en Word e, cando xa o teñades redactado, seleccionalo, copialo e pegalo como texto do correo.
SEMPRE QUE ME ENVIEDES CALQUERA CORREO ENVIÁDEVOLO TAMÉN A VÓS PARA VER SE VOS CHEGA E COMO VOS CHEGA, porque se a vós non vos chega ou vos chega mal, a min non me vai chegar mellor.

Etiquetas:

23 setembro 2014

POSTS PARA O BLOG DE 4º; ANO 2014-15

    Aquí vou ir poñendo a información fundamental que precisades para redactar o voso post. Se non tedes aínda tema, póñovos un link (e outro máis) para que vexades algúns temas que quedaron sen asignar noutras ocasións e que están nun post antigo. Tamén podedes mirar no Blog de 4º, en Busca por temas, se algún dos temas ou dos posts que xa hai publicados nalgún deles vos dá ideas para o voso. 


     Hai dous tipos de temas dos que se bota man, habitualmente, cando non se ten moi claro de que escribir:
>>'Posibilidade técnica de...' > se tés a idea dun invento, podes facer un post avaliando se sería posible construílo e que funcionase
>>'A evolución e o futuro de...' > ...a televisión/ ...os automóbiles/ ...os tecidos; etc. Destes xa hai feitos un feixe, pero sempre se poden facer máis.
     En todo caso, antes de poñervos en serio cun tema, recordade que teño que aceptalo; non vaia ser que vos poñades a traballar nel e logo non vala.

Vou remitirvos a posts antigos para que vexades:
>>> como se puntuan os posts
>>> forma correcta de entregar os posts

Xa vos indico agora que a DATA E HORA LÍMITE PARA ENVIAR (PARA QUE ME CHEGUEN) OS POSTS CORRESPONDENTES AO PRIMEIRO TRIMESTRE TERMINADOS SON:

MARTES 9 DE DECEMBRO DE 2014 ÁS 12h45.

Etiquetas:

22 novembro 2013

TEMA DO PRIMEIRO POST

Como vos dixen, ANTES DO MÉRCORES 27 DE NOVEMBRO ÁS 18h20 tedes que enviarme un correo electrónico ao meu enderezo (tecnocesures@hotmail.com) explicándome nunhas 5 ou 6 liñas o tema do voso primeiro post para que eu vexa se o tedes ben enfocado ou se hai que facer algunha corrección xa desde o principio.
Cando me enviedes o correo co tema, en "Asunto" debedes poñer "Tema Carlos", se é Carlos quen mo envía. A descrición do tema ten que ir como texto do correo, NON COMO ARQUIVO ADXUNTO. Podedes escribilo en Word e, cando xa o teñades redactado, seleccionalo, copialo e pegalo como texto do correo.

Etiquetas:

MÁIS IDEAS SOBRE TEMAS PARA O POST (DALGUNHAS XA SE FIXO UN)

Hai algúns temas que vos levo comentando certo tempo pero que ninguén se decide a estudar e seguen sendo interesantes para traballar sobre eles:

- o impacto ambiental de fabricar produtos ecolóxicos (pista)
- a realidade aumentada
- a cuestión sobre se son preferibles os coches híbridos ou os 'cero emisións' en clave ecolóxica (pista)

Engádovos outros temas de interese:
- as proteccións contra o Radón
- as intoxicacións e mortes por monóxido de carbono (motivo) e como evitalas
- "do Melotrón aos Samplers"
- o proceso de produción das baterías para que poidan funcionar os coches eléctricos dos que vos falo no parágrafo anterior (e o impacto ambientalda súa produción, uso, mantemento e refugallo)...
- Thomas A. Edison vs Nicola Tesla (importancia e motivos do realtivo descoñecemento do segundo; tanto volo facilito que vos poño un post neste blogue)
- Innovacións que chegaron da Fórmula 1 ao automóbil comercial
- Como afectan os monocultivos á destrución de biodiversidade e cales son os monocultivos máis perigosos nese sentido? (aquí habería que falar algo dos monocultivos para biocombustibles)
- A autosuficiencia de España en materia nuclear: realidade ou mito?
- O accidente nuclear de Fukushima: en que consistiu, cales foron as causas, cales van ser as consecuencias, como se podería ter evitado...
- Compromisos do cumio de Cancún: só unha foto ou algo máis?
- Aportacións da Tecnoloxía á seguridade na navegación (marítima)
- Aportacións da Tecnoloxía á eficacia do salvamento marítimo
- Coches anfibios
- Honcode: que é, como funciona, necesidade da súa existencia e utilidade do servizo.
- Cal é o camiño para a electrificación? O caso do Renault Twizy
- O programa HAARP dos EE.UU. Nota: Este tema só pode ser escollido por unha persoa que teña realmente interese por estudar a fondo o tema sen ter claro que poida chegar a unha conclusión certa.
- O armamento nuclear: antecedentes, bases tecnolóxicas do seu funcionamento e evolución previsible.

Como sempre, tamén podedes facer os clásicos:
- o futuro según... (Fulanito)
- posibilidade técnica de... (algún invento que se vos ocorra)
- antecedentes e evolución futura de... (algún aparello que estea hoxe en uso)

Para facelo ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema dos que están aquí indicados vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'X comments'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas xa están collidos. Se vos interesa facer o post sobre un tema diferente aos que vos indico na relación anterior, comentádemo antes de mandardes o comentario dicindo que queredes ese tema para vós (por se non for un tema válido).

Etiquetas:

POSTS PARA O BLOG DE 4º; ANO 2013-14

    Aquí vou ir poñendo a información fundamental que precisades para redactar o voso post. Se non tedes aínda tema, póñovos un link (e outro máis) para que vexades algúns temas que quedaron sen asignar noutras ocasións e que están nun post antigo. Tamén podedes mirar no Blog de 4º, en Busca por temas, se algún dos temas ou dos posts que xa hai publicados nalgún deles vos dá ideas para o voso. 


     Hai dous tipos de temas dos que se bota man, habitualmente, cando non se ten moi claro de que escribir:
>>'Posibilidade técnica de...' > se tés a idea dun invento, podes facer un post avaliando se sería posible construílo e que funcionase
>>'A evolución e o futuro de...' > ...a televisión/ ...os automóbiles/ ...os tecidos; etc. Destes xa hai feitos un feixe, pero sempre se poden facer máis.
     En todo caso, antes de poñervos en serio cun tema, recordade que teño que aceptalo; non vaia ser que vos poñades a traballar nel e logo non vala.

Vou remitirvos a posts antigos para que vexades:
>>> como se puntuan os posts
>>> forma correcta de entregar os posts

Xa vos indico agora que a DATA E HORA LÍMITE PARA ENVIAR (PARA QUE ME CHEGUEN) OS POSTS CORRESPONDENTES AO PRIMEIRO TRIMESTRE TERMINADOS SON:

MÉRCORES 11 DE DECEMBRO DE 2013 ÁS 18h20.

Etiquetas:

08 janeiro 2013

INDICACIÓNS SOBRE O SEGUNDO POST

A última data de entrega para o segundo post é o Martes 12 de marzo de 2013 e a hora límite as 10h45. Isto quere decir que non se puntuará ningún post que sexa remitido despois desa hora nese día e que podedes envialo antes, aínda que tampouco con demasiada antelación!
Por iso convén que teñades como referencia que sería conveniente que entre o 5 e o 19 de Febreiro xa tivésedes a documentación coa que ides traballar. Loxicamente, para iso é necesario coñecer primeiro cal é o tema sobre o que ides investigar. Traballaremos igual que na primeira avaliación: tedes que enviarme, o antes posible, a idea dese tema para que vos dea indicacións sobre se é válido e sobre como enfocalo. 
A medida que busquedes información, xa vos iredes facendo unha idea do tema, e iso debería axudarvos a ir buscando cada vez mellor. Nesta primeira fase, unha vez que tedes claro de que vai o tema, trátase de informarse, documentarse, e gardar as direccións que pensades que ides usar. Recordade que é bo ilas clasificando en Fundamental / Importante / Accesoria, para traballar con ela con maior axilidade despois.
Houbo varios posts na primeira avaliación que non cumpriron coas indicacións de extensión, de fontes de información, de links e incluso houbo posts que non corresponderon co tema asignado. Isto supuxo malas notas nos posts, tede coidado para non repetir eses erros.
A partir do 19 de Febreiro sería o momento de aclarar as ideas (volver a ler con máis pausa a documentación que recollestes e estruturar o voso texto) e poñerse a escribir, porque se o redactásedes antes de terdes toda a documentación significaría que non iríades escribir un post suficientemente documentado.

Etiquetas:

22 outubro 2012

INDICACIÓNS SOBRE O PRIMEIRO POST

Recordade que tedes que enviarme o 11 de Decembro de 2012, como último día, o post. Pero tampouco con demasiada antelación!
Por iso convén que teñades como referencia aproximada a seguinte data: sería conveniente que sobre o 13 de Novembro xa tivésedes a documentación coa que ides traballar. A medida que busquedes información, xa vos iredes facendo unha idea do tema, e iso debería axudarvos a ir buscando cada vez mellor. Nesta primeira fase, unha vez que tedes claro de que vai o tema, trátase de informarse, documentarse, e gardar as direccións que pensades que ides usar. Recordade que é bo ilas clasificando en Fundamental / Importante / Accesoria, para traballar con ela con maior axilidade despois.
A partir do 13 de Novembro sería o momento de aclarar as ideas (ler a documentación que recollestes e estruturar o voso texto) e poñerse a escribir, pero redactar antes de terdes a documentación significa que non ides escribir un post suficientemente documentado.

Etiquetas:

25 setembro 2012

POSTS PARA O BLOG DE 4º; ANO 2012-13

    Aquí vou ir poñendo a información fundamental que precisades para redactar o voso post. Se non tedes aínda tema, póñovos un link (e outro máis) para que vexades algúns temas que quedaron sen asignar noutras ocasións e que están nun post antigo. Tamén podedes mirar no Blog de 4º, en Busca por temas, se algún dos temas ou dos posts que xa hai publicados nalgún deles vos dá ideas para o voso.

     Hai dous tipos de temas dos que se bota man, habitualmente, cando non se ten moi claro de que escribir:
>>'Posibilidade técnica de...' > se tés a idea dun invento, podes facer un post avaliando se sería posible construílo e que funcionase
>>'A evolución e o futuro de...' > ...a televisión/ ...os automóbiles/ ...os tecidos; etc. Destes xa hai feitos un feixe, pero sempre se poden facer máis.
     En todo caso, antes de poñervos en serio cun tema, recordade que teño que aceptalo; non vaia ser que vos poñades a traballar nel e logo non vala.

Vou remitirvos a posts antigos para que vexades:
>>> como se puntuan os posts
>>> forma correcta de entregar os posts

Xa vos indico agora que a DATA E HORA LÍMITE PARA ENVIAR (PARA QUE ME CHEGUEN) OS POSTS CORRESPONDENTES AO PRIMEIRO TRIMESTRE TERMINADOS SON:

MARTES 11 DE DECEMBRO DE 2012 ÁS 10h45.

Etiquetas:

13 janeiro 2012

RESERVA DE TEMA PARA O SEGUNDO POST

Para facer a reserva ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'X comments'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas ides collendo, para que non pensen sobre eles.
Cando teñades feita a reserva, ide concretando nunhas seis ou sete liñas como ides enfocar o tema e me enviades ese texto nun mail a tecnocesures@hotmail.com para que eu vos diga se é un enfoque válido ou se convén que cambiedes o enfoque. Este mail hai que envialo, como moi tarde, o 20 de xaneiro.
A ÚLTIMA DATA DE ENTREGA DO POST TERMINADO, CON TODO (NAS MESMAS CONDICIÓNS CÁ AVALIACIÓN ANTERIOR) É O VENRES 16 DE MARZO ÁS 10H45.
Póñovos unha referencia á entrada no que vos falaba dalgúns temas posibles.

Etiquetas:

04 novembro 2011

DATAS PARA O 1º POST; 2011-2012

Van quedando xa poucas horas de clase no que resta de trimestre, de xeito que imos fixar unhas datas nas que teredes que ir entregando partes sucesivas do traballo (enviándomas por correo electrónico a tecnocesures@hotmail.com) para que non teñades a tentación de deixalo todo para o último día. Estas datas (son todas datas límite e a hora límite para todas elas é as 10h45), e o que hai que entregar en cada unha, son as da seguinte relación:

XA ENVIADO: tema definitivo para o terceiro post (descrición en 4 ou 5 liñas do enfoque concreto que se lle vai dar).
11 de NOVEMBRO
de 2.011: direccións das que se vai sacar a información para escribir o texto.
18 de NOVEMBRO
de 2.011: direccións das que se van sacar as imaxes.

25 de NOVEMBRO de 2.011: direccións que van servir como ligazóns (de todas maneiras, haberá que indicar cando estea o texto redactado -como vos indiquei nun post anterior- en que parte do texto vai situada cada ligazón).

9 de DECEMBRO de 2.011: texto definitivo, con título, autor, imaxes e ligazóns.

Isto son datas de entrega; en todo caso, cada traballo xa o podedes (e debedes) ir tendo feito con anterioridade. Coa busca do tema, seguro que xa fostes encontrando páxinas nas que documentarvos para escribir sobre el, para poñer como ligazóns e das que sacar as imaxes, así que o único traballo que realmente vos quedaría sería redactar o post.

Non hai problema en que (se despois de me enviardes as direccións que ides usar encontrades unhas que vos parecen máis apropiadas) cambiedes as direccións, sempre que non repitades ningunha nin nas de texto, nin como ligazóns nin para as imaxes (por exemplo, dúas entradas distintas da Wikipedia, neste sentido, considéranse unha mesma dirección). Tede tamén moito coidado coa credibilidade da información contida nas direccións que usedes, porque dela vai depender a credibilidade da vosa información.

Etiquetas:

30 setembro 2011

RESERVA DE TEMA PARA O PRIMEIRO POST

Para facer a reserva ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'X comments'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas ides collendo, para que non pensen sobre eles.
Cando teñades feita a reserva, ide concretando nunhas seis ou sete liñas como ides enfocar o tema e me enviades ese texto nun mail a tecnocesures@hotmail.com para que eu vos diga se é un enfoque válido ou se convén que cambiedes o enfoque. Este mail hai que envialo, como moi tarde, o 7 de outubro.

Etiquetas:

23 setembro 2011

POSTS PARA O BLOG DE 4º; ANO 2011-12

Aquí vou ir poñendo a información fundamental que precisades para redactar o voso post. Se non tedes aínda tema, póñovos un link (e outro máis) para que vexades algúns temas que quedaron sen asignar noutras ocasións e que están nun post antigo. Tamén podedes mirar no Blog de 4º, en Busca por temas, se algún dos temas ou dos posts que xa hai publicados nalgún deles vos dá ideas para o voso.

Hai dous tipos de temas dos que se bota man, habitualmente, cando non se ten moi claro de que escribir:

'Posibilidade técnica de...' > se tés a idea dun invento, podes facer un post avaliando se sería posible construílo e que funcionase

'A evolución e o futuro de...' > ...a televisión/ ...os automóbiles/ ...os tecidos; etc. Destes xa hai feitos un feixe, pero sempre se poden facer máis

Ademais, hai un tema, no eido das comunicacións, que está de moita actualidade: 'a realidade aumentada'.

En todo caso, antes de poñervos en serio cun tema, recordade que teño que aceptalo; non vaia ser que vos poñades a traballar nel e logo non vala.

Vou remitirvos a posts antigos para que vexades:

>>> como se puntuan os posts
>>> forma correcta de entregar os posts
Tan pronto como o computador queira poñereivos as datas de referencia para ir levando o traballo ao día.

Xa vos indico agora que a DATA E HORA LÍMITE PARA ENVIAR (PARA QUE ME CHEGUEN) OS POSTS CORRESPONDENTES AO PRIMEIRO TRIMESTRE TERMINADOS SON:
VENRES 9 DE DECEMBRO DE 2011 ÁS 10h45.

Etiquetas:

12 abril 2011

DATAS PARA O 3º POST



Temos MOI POUCAS horas de clase no que resta de curso (especialmente no grupo de 4ºA), de xeito que imos fixar unhas datas nas que teredes que ir entregando partes sucesivas do traballo (enviándomas por correo electrónico a tecnocesures@hotmail.com) para que non teñades a tentación de deixalo todo para o final. Estas datas (son todas datas límite e a hora límite para todas elas é as 13h00), e o que hai que entregar en cada unha, son as da seguinte relación:



26 de abril de 2.011: tema definitivo para o terceiro post (descrición en 4 ou 5 liñas do enfoque que se lle vai dar).
10 de maio de 2.011: direccións das que se vai sacar a información para escribir o texto.
20 de maio de 2.011: direccións das que se van sacar as imaxes.


27 de maio de 2.011: direccións que van servir como ligazóns (de todas maneiras, haberá que indicar cando estea o texto redactado -como se fixo no 1º e no 2º post- en que parte do texto vai situada cada ligazón).


9 de xuño de 2.011: texto definitivo, con título, autor, imaxes e links..

Etiquetas:

31 março 2011

PROPOSTA DE TEMAS PARA A 3ª AVALIACIÓN

Hai algúns temas que vos levo comentando certo tempo pero que ninguén se decide a estudar e seguen sendo interesantes para traballar sobre eles:

- o impacto ambiental de fabricar produtos ecolóxicos (pista)
- a realidade aumentada
- a cuestión sobre se son preferibles os coches híbridos ou os 'cero emisións' en clave ecolóxica (pista)

Engádovos outros temas de interese:
- as proteccións contra o Radón
- as intoxicacións e mortes por monóxido de carbono (motivo) e como evitalas
- "do Melotrón aos Samplers"
- o proceso de produción das baterías para que poidan funcionar os coches eléctricos dos que vos falo no parágrafo anterior (e o impacto ambiental da súa produción, uso, mantemento e refugallo)...
- Thomas A. Edison vs Nicola Tesla (importancia e motivos do realtivo descoñecemento do segundo; tanto volo facilito que vos poño un post neste blogue)
- Innovacións que chegaron da Fórmula 1 ao automóbil comercial
- Como afectan os monocultivos á destrución de biodiversidade e cales son os monocultivos máis perigosos nese sentido? (aquí habería que falar algo dos monocultivos para biocombustibles)
- A autosuficiencia de España en materia nuclear: realidade ou mito?
- O accidente nuclear de Fukushima: en que consistiu, cales foron as causas, cales van ser as consecuencias, como se podería ter evitado...
- Compromisos do cumio de Cancún: só unha foto ou algo máis?
- Aportacións da Tecnoloxía á seguridade na navegación (marítima)
- Aportacións da Tecnoloxía á eficacia do salvamento marítimo
- Coches anfibios
- Honcode: que é, como funciona, necesidade da súa existencia e utilidade do servizo.
- Cal é o camiño para a electrificación? O caso do Renault Twizy
- O programa HAARP dos EE.UU. Nota: Este tema só pode ser escollido por unha persoa que teña realmente interese por estudar a fondo o tema sen ter claro que poida chegar a unha conclusión certa.
- O armamento nuclear: antecedentes, bases tecnolóxicas do seu funcionamento e evolución previsible.

Como sempre, tamén podedes facer os clásicos:
- o futuro según... (Fulanito)
- posibilidade técnica de... (algún invento que se vos ocorra)
- antecedentes e evolución futura de... (algún aparello que estea hoxe en uso)

Para facelo ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema dos que están aquí indicados vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'X comments'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas xa están collidos. Se vos interesa facer o post sobre un tema diferente aos que vos indico na relación anterior, comentádemo antes de mandardes o comentario dicindo que queredes ese tema para vós (por se non for un tema válido).

Etiquetas:

07 fevereiro 2011

O RADÓN CONTRAATACA


Como tema posible para falar del nalgún post do blog de 4º mencioneivos a protección contra o radón. A semana pasada saiu unha noticia que relaciona este asunto coa vosa realidade cotiá. Quen queira tremer sempre ten motivos…

Poden resultarvos de interese os mapas galegos de exposición potencial ao radón e o de radiación gamma natural. Para que ninguén proteste, velaí tedes como está a radiación gamma na España peninsular.

Nota: as cifras do sensacionalista gráfico corresponden aos EEUU.

Etiquetas: , ,

12 janeiro 2011

BLOG DE 4º, 2º POST: RESERVA DE TEMA

Para reservar tema, hai que facer un comentario no post que corresponde a esta ligazón.

Etiquetas:

11 janeiro 2011

DATAS PARA O 2º POST

Para intentar mellorar o traballo que fixemos na 1ª avaliación, imos fixar unhas datas nas que teredes que ir entregando partes sucesivas do traballo (enviándomas por correo electrónico a tecnocesures@hotmail.com), de xeito que non teñades a tentación de deixalo todo para o final. Estas datas (son todas datas límite e a hora límite para todas elas é as 13h00), e o que hai que entregar en cada unha, son as da seguinte relación:

27 de xaneiro de 2.011: tema definitivo para o segundo post (descrición en 4 ou 5 liñas do enfoque que se lle vai dar)
17 de febreiro de 2.011: direccións das que se vai sacar a información para escribir o texto
24 de febreiro de 2.011: direccións das que se van sacar as imaxes

3 de marzo de 2.011: direccións que van servir como ligazóns (de todas maneiras, haberá que indicar no texto redactado -como se fixo no 1º post- en que parte do texto vai situada cada ligazón)
17 de marzo de 2.011: texto definitivo, con título, autor, imaxes e links.

Etiquetas:

26 novembro 2010

PROPOSTA DE TEMAS PARA 2011

Hai algúns temas que vos leva comentando certo tempo pero que ninguén se decide a estudar que seguen sendo interesantes para traballar sobre eles:
- o impacto ambiental de fabricar produtos ecolóxicos (pista)
- a realidade aumentada
- a cuestión sobre se son preferibles os coches híbridos ou os 'cero emisións' en clave ecolóxica (pista)

Engádovos outros temas de interese:
- arquitectura bioclimática: concepto e principios básicos
- as proteccións contra o Radón
- as intoxicacións e mortes por monóxido de carbono (motivo) e como evitalas
- a biodiversidade (que é, por que é importante, cales son as principais ameazas sobre ela e cales serán as consecuencias da súa diminución)
- o Theremin
- "do Melotrón aos Samplers"
- o caza EA6 Prowler para a guerra electrónica
- o proceso de produción das baterías para que poidan funcionar os coches eléctricos dos que vos falo no parágrafo anterior (e o impacto ambiental da súa produción, uso, mantemento e refugallo)...
- a obsolescencia planificada
- Thomas A. Edison vs Nicola Tesla (importancia e motivos do realtivo descoñecemento do segundo; tanto volo facilito que vos poño un post neste blogue)
- A máquina de dar abrazos de Temple Grandin
- Innovacións que chegaron da Fórmula 1 ao automóbil comercial
- Como afectan os monocultivos á destrución de biodiversidade e cales son os monocultivos máis perigosos nese sentido? (aquí habería que falar algo dos monocultivos para biocombustibles)
- A autosuficiencia de España en materia nuclear: realidade ou mito?
- Coches descapotables: con teito duro ou con teito brando?
- Compromisos do cumio de Cancún: só unha foto ou algo máis?
- As investigacións de Matthieu Ricard sobre neurociencia e felicidade (implicacións para o futuro)
- Aportacións da Tecnoloxía á seguridade na navegación (marítima)
- Aportacións da Tecnoloxía á eficacia do salvamento marítimo
- Coches anfibios
- Honcode: que é, como funciona, necesidade da súa existencia e utilidade do servizo.
- Funcionamento dos cinemómetros; tipos de radares de control de velocidade.
- Os aerodeslizadores ou hovercraft
- Os helicópteros de carga

Como sempre, tamén podedes facer os clásicos:
- o futuro según...
- posibilidade técnica de...
- antecedentes e evolución futura de...

Para facelo ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema dos que están aquí indicados vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'Enviar un comentario'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas xa están collidos.
Se vos interesa facer o post sobre un tema diferente aos que vos indico na relación anterior, comentádemo antes de mandardes o comentario dicindo que queredes ese tema para vós (por se non for un tema válido).

Etiquetas: