tecnocesures

09 dezembro 2009

FORMA CORRECTA DE ENTREGAR OS POSTS

Os posts, que van ser avaliados co 25% da nota final da avaliación, tedes que mandalos ANTES DAS 12:45 DO MÉRCORES 16 DE DECEMBRO DE 2009 ao enderezo tecnocesures@hotmail.com, da seguinte maneira:

En ‘Asunto’ debedes indicar: “post + nome”, por exemplo “post enrique”. Recoméndovos que, ademais de envialo ao enderezo que vos indico, volo enviedes tamén a vós mesmos para verdes como vos chega e, polo tanto, se me chega e como me chega a min.

O POST TEN QUE IR COMO TEXTO DO MAIL, NON COMO ARQUIVO ADXUNTO. Os posts que vaian como arquivo adxunto non serán avaliados, ou serano cun 0.

No texto tedes que por, en maiúsculo, o título do post.
Debaixo, o nome e apelidos do autor.
Despois, o texto propiamente dito.
Para indicar os links debedes facelo como vos indico no seguinte exemplo:
“O F.C. Barcelona xógase esta noite en Kiev, fronte ao Dinamo, o seu pase á seguinte rolda da Champions League. O xogador máis destacado do conxunto ucraíno é Andriy Shevchenko (http://www.biografias.es/famosos/andriy-shevchenko.html), que xogou en campañas anteriores en equipos coma o Chelsea ou o Milan”
Ao final do texto tedes que indicarme tamén as páxinas das que sacastes a información para redactar o texto e as páxinas das que sacastes as imaxes, do seguinte xeito:

TEXTO:
http://www.marca.com
http://www.elmundodeportivo.com
etc

IMAXES:
http://fotosdefutbol.es
http://moma.us

Recordade que hai que indicar 4 fontes das que sacastes información para o texto, incluír 5 links e 2 fotos, e que debe corresponder todo iso a 11 sitios web diferentes.

AS IMAXES ENVÍANSE CO POST, PERO COMO ARQUIVO ADXUNTO.

Etiquetas: