tecnocesures

28 junho 2006

BENVIDA
Isto é un blog.
Se queredes unha definición máis concreta, sempre lle podemos preguntar a Google (como non!), ou ir directamente á Wikipedia: é un sitio de internet que funciona a xeito de enciclopedia.
Seguramente vos decastes de que a palabra 'definición' vai nun tipo de texto distinto. Iso é porque funciona coma un link. Podemos acceder, se facemos click sobre ela, a outra web (neste caso á Wikipedia que vos conto).
A cuestión é que pensei que, se cadra, era bo termos un lugar ao que poder acceder dende calquera parte do mundo para consultar asuntos que teñan que ver coas nosas materias tecnolóxicas. Deste xeito, a parte de telo todo un pouquiño máis claro, vos habituades a utilizar o ordenador para algo máis que xogar (que tampouco está mal) ou ver Futurama (caso de Chaves).
Tamén montei unha dirección de correo electrónico:
para que poidades preguntar as dúbidas que teñades ou dicirme o moito que me queredes (perder de vista).
E para finalizar, un link sorpresa ('link' significa enlace, así de paso aprendemos inglés).
Pasádeo ben e bo curso!!!

Etiquetas: