tecnocesures

31 março 2011

PROPOSTA DE TEMAS PARA A 3ª AVALIACIÓN

Hai algúns temas que vos levo comentando certo tempo pero que ninguén se decide a estudar e seguen sendo interesantes para traballar sobre eles:

- o impacto ambiental de fabricar produtos ecolóxicos (pista)
- a realidade aumentada
- a cuestión sobre se son preferibles os coches híbridos ou os 'cero emisións' en clave ecolóxica (pista)

Engádovos outros temas de interese:
- as proteccións contra o Radón
- as intoxicacións e mortes por monóxido de carbono (motivo) e como evitalas
- "do Melotrón aos Samplers"
- o proceso de produción das baterías para que poidan funcionar os coches eléctricos dos que vos falo no parágrafo anterior (e o impacto ambiental da súa produción, uso, mantemento e refugallo)...
- Thomas A. Edison vs Nicola Tesla (importancia e motivos do realtivo descoñecemento do segundo; tanto volo facilito que vos poño un post neste blogue)
- Innovacións que chegaron da Fórmula 1 ao automóbil comercial
- Como afectan os monocultivos á destrución de biodiversidade e cales son os monocultivos máis perigosos nese sentido? (aquí habería que falar algo dos monocultivos para biocombustibles)
- A autosuficiencia de España en materia nuclear: realidade ou mito?
- O accidente nuclear de Fukushima: en que consistiu, cales foron as causas, cales van ser as consecuencias, como se podería ter evitado...
- Compromisos do cumio de Cancún: só unha foto ou algo máis?
- Aportacións da Tecnoloxía á seguridade na navegación (marítima)
- Aportacións da Tecnoloxía á eficacia do salvamento marítimo
- Coches anfibios
- Honcode: que é, como funciona, necesidade da súa existencia e utilidade do servizo.
- Cal é o camiño para a electrificación? O caso do Renault Twizy
- O programa HAARP dos EE.UU. Nota: Este tema só pode ser escollido por unha persoa que teña realmente interese por estudar a fondo o tema sen ter claro que poida chegar a unha conclusión certa.
- O armamento nuclear: antecedentes, bases tecnolóxicas do seu funcionamento e evolución previsible.

Como sempre, tamén podedes facer os clásicos:
- o futuro según... (Fulanito)
- posibilidade técnica de... (algún invento que se vos ocorra)
- antecedentes e evolución futura de... (algún aparello que estea hoxe en uso)

Para facelo ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema dos que están aquí indicados vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'X comments'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas xa están collidos. Se vos interesa facer o post sobre un tema diferente aos que vos indico na relación anterior, comentádemo antes de mandardes o comentario dicindo que queredes ese tema para vós (por se non for un tema válido).

Etiquetas: