tecnocesures

26 novembro 2010

PROPOSTA DE TEMAS PARA 2011

Hai algúns temas que vos leva comentando certo tempo pero que ninguén se decide a estudar que seguen sendo interesantes para traballar sobre eles:
- o impacto ambiental de fabricar produtos ecolóxicos (pista)
- a realidade aumentada
- a cuestión sobre se son preferibles os coches híbridos ou os 'cero emisións' en clave ecolóxica (pista)

Engádovos outros temas de interese:
- arquitectura bioclimática: concepto e principios básicos
- as proteccións contra o Radón
- as intoxicacións e mortes por monóxido de carbono (motivo) e como evitalas
- a biodiversidade (que é, por que é importante, cales son as principais ameazas sobre ela e cales serán as consecuencias da súa diminución)
- o Theremin
- "do Melotrón aos Samplers"
- o caza EA6 Prowler para a guerra electrónica
- o proceso de produción das baterías para que poidan funcionar os coches eléctricos dos que vos falo no parágrafo anterior (e o impacto ambiental da súa produción, uso, mantemento e refugallo)...
- a obsolescencia planificada
- Thomas A. Edison vs Nicola Tesla (importancia e motivos do realtivo descoñecemento do segundo; tanto volo facilito que vos poño un post neste blogue)
- A máquina de dar abrazos de Temple Grandin
- Innovacións que chegaron da Fórmula 1 ao automóbil comercial
- Como afectan os monocultivos á destrución de biodiversidade e cales son os monocultivos máis perigosos nese sentido? (aquí habería que falar algo dos monocultivos para biocombustibles)
- A autosuficiencia de España en materia nuclear: realidade ou mito?
- Coches descapotables: con teito duro ou con teito brando?
- Compromisos do cumio de Cancún: só unha foto ou algo máis?
- As investigacións de Matthieu Ricard sobre neurociencia e felicidade (implicacións para o futuro)
- Aportacións da Tecnoloxía á seguridade na navegación (marítima)
- Aportacións da Tecnoloxía á eficacia do salvamento marítimo
- Coches anfibios
- Honcode: que é, como funciona, necesidade da súa existencia e utilidade do servizo.
- Funcionamento dos cinemómetros; tipos de radares de control de velocidade.
- Os aerodeslizadores ou hovercraft
- Os helicópteros de carga

Como sempre, tamén podedes facer os clásicos:
- o futuro según...
- posibilidade técnica de...
- antecedentes e evolución futura de...

Para facelo ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema dos que están aquí indicados vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'Enviar un comentario'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas xa están collidos.
Se vos interesa facer o post sobre un tema diferente aos que vos indico na relación anterior, comentádemo antes de mandardes o comentario dicindo que queredes ese tema para vós (por se non for un tema válido).

Etiquetas: