tecnocesures

27 janeiro 2011

AXUDA PARA HIPONCONDRÍACOS ON-LINE

Se sodes dos que procurades os síntomas das vosas enfermidades en Google para non irdes ao médico, convenvos saber o seguinte: Se en vez de procurar, por exemplo, "tifus" procurades "tifus honcode" os resultados que vos van aparecer na procura corresponden a páxinas que superaron un 'control de calidade médico'. Así que xa sabedes, se procurades en Internet información sobre enfermidades engadide 'honcode'.

Etiquetas:

ALGO DE NICOLA TESLA

Nalgunha ocasión faleivos de Nicola Tesla, un dos científicos máis importantes e menos valorados pola historia (quen a escribe?). Eis unha peza, en español de América: Estoutras están feitas a partir dun programa de radio do malogrado Juan Antonio Cebrián: Primeira parte, Segunda e Terceira.

Etiquetas: , ,