tecnocesures

11 janeiro 2010

DATAS PARA O 2º POST

Lembraredes o que pasou na 1ª avaliación. Para intentar mellorar, imos fixar unhas datas nas que teredes que ir entregando (enviándoas por correo electrónico) partes sucesivas do traballo, de xeito que non teñades a tentación de deixalo todo para o final. Estas datas (son todas datas límite), e o que hai que entregar en cada unha, son as da seguinte relación:

25 de xaneiro de 2.010: tema definitivo para o segundo post (descrición en 4 ou 5 liñas do enfoque que se lle vai dar)
8 de febreiro de 2.010: direccións das que se vai sacar a información para escribir o texto
22 de febreiro de 2.010: direccións das que se van sacar as imaxes (as imaxes recollereinas o seguinte día que teñamos clase nos ordenadores)
3 de marzo de 2.010: direccións que van servir como ligazóns (de todas maneiras, haberá que indicar no texto redactado -como se fixo no 1º post- en que parte do texto vai situado cada post)
17 de marzo de 2.010: texto definitivo, con título, autor e links.

Etiquetas: