tecnocesures

09 maio 2008

4º E.S.O.: TRABALLOS DE FIN DE CURSO

O Traballo que queda por facer ata o fin de curso é o seguinte:


- Terminar o post correspondente á 3ª avaliación para o blog.

- Ver ‘The matrix’ e ‘Gattaca’ e realizar as actividades que vos vou dar.

- Debuxos* en perspectiva:
· da peza enteira (pódese facer suponiendo que as superficies son planas)
· da base de 4*8 buratos (considerar que é duna soa peza)
· do explosionado da peza

- Vistas* ortogonais acoutadas:
· da peza enteira
· de cada unha das pezas que componen a peza enteira

* TÓDOLOS DEBUXOS TEÑEN QUE LEVAR O SEU CADRO DE ROTULACIÓN CORRECTAMENTE CUMPRIMENTADO

- Hai que engadir unha lista na que se indiquen cantas pezas de cada tipo leva a peza completa e cales son as medidas (longo x ancho x profundo) desas pezas.

- Hai que encher unha folla de proceso na que se explique a orde na que se vai montando a peza complexa a partir das pezas pequenas.

- Para a peza en ‘H’, utilizando follas de operación, explicar como se podería obter a partir dunha táboa de madeira, supoñendo que a peza en ‘H’ fose de madeira.

Etiquetas: