tecnocesures

22 fevereiro 2017

PARTES DUNHA FACTURA ELÉCTRICA

Nunha factura eléctrica hai dous puntos fundamentais:
> POTENCIA CONTRATADA: Pagamos por ter dereito a consumir potencia ata o nivel que contratemos: pagamos o mesmo tanto se usamos esa potencia como se non, e canta máis potencia contratemos, máis pagamos. Contrataremos máis potencia se prevemos que imos precisar máis potencia de xeito simultáneo.
> ENERXÍA CONSUMIDA: Pagamos pola enerxía que efectivamente consumimos; pagamos una cantidade por cada kWh consumido, de xeito que cantos máis kWh consumamos, máis pagamos. Se facemos máis uso de aparellos conectados á rede, consumiremos máis enerxía eléctrica e -polo tanto- pagaremos máis.

Loxicamente, a estes dous puntos hai que engadirlles os impostos correspondentes. Podemos ver estes dous puntos reflectidos na factura a seguir, no apartado 5:


RENDEMENTO DE MÁQUINAS E SISTEMAS

Que é o Rendemento das máquinas e sistemas?

O Rendemento enerxético (ou eficiencia enerxética) representa en que medida se convirte en potencia útil a potencia que unha máquina ou sistema consome.
Calcúlase en porcentaxe facendo:
Rendemento (%) = 100 · Potencia útil / Potencia consumida.
Despexando na igualdade anterior, tamén
Potencia consumida = 100 · Potencia útil / Rendemento (%).
Potencia útil = Rendemento (%) · Potencia consumida / 100.

Por que é tan importante o Rendemento de máquinas e sistemas?

Utilizar sistemas ou máquinas de menor rendemento implica que, para obter un mesmo proveito, se consuman máis recursos. Isto leva a que:
- a contaminación que se produce para conseguir determinado proveito, ao usar máis recursos (enerxéticos e de calquera outro tipo) é moito maior.
- os recursos vaian durar menos ou haxa que utilizar moito menos os sistemas ou máquinas para que non se esgoten.
- ao empregar máis recursos para conseguir un mesmo proveito, hai que pagar máis diñeiro por eles e sae máis caro.

Etiquetas: