tecnocesures

22 outubro 2012

INDICACIÓNS SOBRE O PRIMEIRO POST

Recordade que tedes que enviarme o 11 de Decembro de 2012, como último día, o post. Pero tampouco con demasiada antelación!
Por iso convén que teñades como referencia aproximada a seguinte data: sería conveniente que sobre o 13 de Novembro xa tivésedes a documentación coa que ides traballar. A medida que busquedes información, xa vos iredes facendo unha idea do tema, e iso debería axudarvos a ir buscando cada vez mellor. Nesta primeira fase, unha vez que tedes claro de que vai o tema, trátase de informarse, documentarse, e gardar as direccións que pensades que ides usar. Recordade que é bo ilas clasificando en Fundamental / Importante / Accesoria, para traballar con ela con maior axilidade despois.
A partir do 13 de Novembro sería o momento de aclarar as ideas (ler a documentación que recollestes e estruturar o voso texto) e poñerse a escribir, pero redactar antes de terdes a documentación significa que non ides escribir un post suficientemente documentado.

Etiquetas: