tecnocesures

08 abril 2011

ALGO SOBRE PNEUMÁTICA


Se alguén quere ampliar coñecementos sobre o que estamos falando de pneumática nas aulas de 4º, póñovos aquí algunhas ligazóns que vos poden resultar curiosas. Canto máis se vexa, máis se vai entender…

- Unha unidade didáctica sobre pneumática duns profesores de Euskadi

- Aquí, se seguides mirando en ‘seguinte’, hai moito, pero demasiado nivel para empezar. Neste apartado hai algúns exemplos... pero xa vos digo que isto é demasiado nivel.

- Se cadra esta ligazón é a máis interesante, ten no final algúns sistemas que creo que veñen explicados

Etiquetas: ,

ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

É case tan complicado distinguir onde termina a electricidade e empeza a electrónica como saber cando termina o día e empeza a noite e ao revés: “¿Xa é noite? / Non / ¿Xa é noite? / Non / ¿Xa é noite? / Non / ¿Xa é noite? / Non / ¿Xa é noite? / Si /¿Estás seguro? / Non”.
Existe bastante controversia con respecto a iso e desde o meu punto de vista a electrónica é a parte da electricidade que ten como obxectivo os traballos de de decisión ou de adaptación dun sistema (ou de determinadas magnitudes nel) ás requeridas para o seu funcionamento, que logo o sistema eléctrico convirte en accións. Dalgunha maneira, a electrónica podería ser a parte da electricidade que manexa os sinais eléctricos como información e decisións. De todas maneiras, é unha visión resumida, xa que (como vos indiquei en clase) hai determinados sistemas eléctricos que funcionan de xeito automático e probablemente ninguén chamaría electrónicos. A controversia, xa que logo, existe. Normalmente, acabei dicíndovos, se cadra é o uso de determinados compoñentes (baseados en semicondutores) o que axuda a determinar se un circuíto é ou non ‘electrónico’, fundamentalmente se usa transistores. Esta ligazón, se cadra un pouco técnica, dá unha visión bastante razoable e parecida á idea que tentei transmitirvos. Estoutra, como vedes, ten unha visión menos técnica e precisa aínda que, máis ou menos, vai polo mesmo camiño. Póñovos como exemplo das dúbidas que esperta esta cuestión (en xente xa algo metida no tema) o debate mantido neste foro no que, de principio, xa aparece a Electrónica de Potencia.

Espero que estas liñas vos teñan axudado a resolver un pouco mellor a dúbida.

Etiquetas: ,