tecnocesures

11 abril 2016

CILINDRO DE SIMPLE EFECTO

Eis a montaxe pneumática máis sinxela que podo imaxinar. Corresponde á MONTAXE 1 da páxina 1 dos apuntes deste tema. A diferencia é que aquí podemos ver unha imaxe animada; ademais, a válvula está debuxada conforme son as conexións na realidade.

Etiquetas:

31 março 2016

ALGO DE PNEUMÁTICA PARA EMPEZAR

Eis uns gifs e outro que non o é...

Etiquetas:

08 abril 2015

TROQUELADORA PNEUMÁTICA E COMPRESORES

Póñovos aquí outro exemplo dunha máquina que utiliza un sistema pneumático: a típica troqueladora.


Aproveito tamén para pegarvos dúas imaxes de compresores: un que funciona con gasolina e outro con electricidade. Adivinade cal é cal.


E se botades en falta algo máis de detalle sobre diferentes aplicacións da pneumática estades de sorte, as vosas súplicas foron atendidas!

Ou, se queredes aínda máis detalle...


E se houbese algún tolo -ou tola- que non lle chegue aquí tedes:
- Outra web con máis aplicacións da pneumática
- Dúas webs que falan en xeral e en detalle sobre estes asuntos: UNHA e DÚAS.

A aplicación definitiva para os enganchados á pneumática: UN SIMULADOR ONLINE INTERACTIVO!!! Para que funcione hai que facer click en cada "baldosa" para escoller que elemento poñemos nel, de entre os que nos ofrecen.


Voulez-vous quelque chose plus en français?

E se con isto non vos abonda ide ao médico...

Etiquetas:

11 abril 2011

CONEXIÓN SISTEMA ELÉCTRICO E PNEUMÁTICO

Neste vídeo vese bastante ben a interrelación entre os sistemas eléctrico e pneumático no caso de válvulas de pilotaxe eléctrica (e como se representa nos seus esquemas, aínda que para iso hai diferentes normativas):

Etiquetas: , , ,

08 abril 2011

ALGO SOBRE PNEUMÁTICA


Se alguén quere ampliar coñecementos sobre o que estamos falando de pneumática nas aulas de 4º, póñovos aquí algunhas ligazóns que vos poden resultar curiosas. Canto máis se vexa, máis se vai entender…

- Unha unidade didáctica sobre pneumática duns profesores de Euskadi

- Aquí, se seguides mirando en ‘seguinte’, hai moito, pero demasiado nivel para empezar. Neste apartado hai algúns exemplos... pero xa vos digo que isto é demasiado nivel.

- Se cadra esta ligazón é a máis interesante, ten no final algúns sistemas que creo que veñen explicados

Etiquetas: ,