tecnocesures

22 novembro 2013

TEMA DO PRIMEIRO POST

Como vos dixen, ANTES DO MÉRCORES 27 DE NOVEMBRO ÁS 18h20 tedes que enviarme un correo electrónico ao meu enderezo (tecnocesures@hotmail.com) explicándome nunhas 5 ou 6 liñas o tema do voso primeiro post para que eu vexa se o tedes ben enfocado ou se hai que facer algunha corrección xa desde o principio.
Cando me enviedes o correo co tema, en "Asunto" debedes poñer "Tema Carlos", se é Carlos quen mo envía. A descrición do tema ten que ir como texto do correo, NON COMO ARQUIVO ADXUNTO. Podedes escribilo en Word e, cando xa o teñades redactado, seleccionalo, copialo e pegalo como texto do correo.

Etiquetas:

MÁIS IDEAS SOBRE TEMAS PARA O POST (DALGUNHAS XA SE FIXO UN)

Hai algúns temas que vos levo comentando certo tempo pero que ninguén se decide a estudar e seguen sendo interesantes para traballar sobre eles:

- o impacto ambiental de fabricar produtos ecolóxicos (pista)
- a realidade aumentada
- a cuestión sobre se son preferibles os coches híbridos ou os 'cero emisións' en clave ecolóxica (pista)

Engádovos outros temas de interese:
- as proteccións contra o Radón
- as intoxicacións e mortes por monóxido de carbono (motivo) e como evitalas
- "do Melotrón aos Samplers"
- o proceso de produción das baterías para que poidan funcionar os coches eléctricos dos que vos falo no parágrafo anterior (e o impacto ambientalda súa produción, uso, mantemento e refugallo)...
- Thomas A. Edison vs Nicola Tesla (importancia e motivos do realtivo descoñecemento do segundo; tanto volo facilito que vos poño un post neste blogue)
- Innovacións que chegaron da Fórmula 1 ao automóbil comercial
- Como afectan os monocultivos á destrución de biodiversidade e cales son os monocultivos máis perigosos nese sentido? (aquí habería que falar algo dos monocultivos para biocombustibles)
- A autosuficiencia de España en materia nuclear: realidade ou mito?
- O accidente nuclear de Fukushima: en que consistiu, cales foron as causas, cales van ser as consecuencias, como se podería ter evitado...
- Compromisos do cumio de Cancún: só unha foto ou algo máis?
- Aportacións da Tecnoloxía á seguridade na navegación (marítima)
- Aportacións da Tecnoloxía á eficacia do salvamento marítimo
- Coches anfibios
- Honcode: que é, como funciona, necesidade da súa existencia e utilidade do servizo.
- Cal é o camiño para a electrificación? O caso do Renault Twizy
- O programa HAARP dos EE.UU. Nota: Este tema só pode ser escollido por unha persoa que teña realmente interese por estudar a fondo o tema sen ter claro que poida chegar a unha conclusión certa.
- O armamento nuclear: antecedentes, bases tecnolóxicas do seu funcionamento e evolución previsible.

Como sempre, tamén podedes facer os clásicos:
- o futuro según... (Fulanito)
- posibilidade técnica de... (algún invento que se vos ocorra)
- antecedentes e evolución futura de... (algún aparello que estea hoxe en uso)

Para facelo ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema dos que están aquí indicados vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'X comments'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas xa están collidos. Se vos interesa facer o post sobre un tema diferente aos que vos indico na relación anterior, comentádemo antes de mandardes o comentario dicindo que queredes ese tema para vós (por se non for un tema válido).

Etiquetas:

POSTS PARA O BLOG DE 4º; ANO 2013-14

    Aquí vou ir poñendo a información fundamental que precisades para redactar o voso post. Se non tedes aínda tema, póñovos un link (e outro máis) para que vexades algúns temas que quedaron sen asignar noutras ocasións e que están nun post antigo. Tamén podedes mirar no Blog de 4º, en Busca por temas, se algún dos temas ou dos posts que xa hai publicados nalgún deles vos dá ideas para o voso. 


     Hai dous tipos de temas dos que se bota man, habitualmente, cando non se ten moi claro de que escribir:
>>'Posibilidade técnica de...' > se tés a idea dun invento, podes facer un post avaliando se sería posible construílo e que funcionase
>>'A evolución e o futuro de...' > ...a televisión/ ...os automóbiles/ ...os tecidos; etc. Destes xa hai feitos un feixe, pero sempre se poden facer máis.
     En todo caso, antes de poñervos en serio cun tema, recordade que teño que aceptalo; non vaia ser que vos poñades a traballar nel e logo non vala.

Vou remitirvos a posts antigos para que vexades:
>>> como se puntuan os posts
>>> forma correcta de entregar os posts

Xa vos indico agora que a DATA E HORA LÍMITE PARA ENVIAR (PARA QUE ME CHEGUEN) OS POSTS CORRESPONDENTES AO PRIMEIRO TRIMESTRE TERMINADOS SON:

MÉRCORES 11 DE DECEMBRO DE 2013 ÁS 18h20.

Etiquetas: