tecnocesures

10 março 2016

ACERCA DE GATTACA

En Gattaca (Andrew Niccol, 1997) a sociedade está artellada arredor do 'genoísmo'. A manipulación xenética dos embrións chegou a permitir escoller a maior parte das características físicas (e, polo tanto, psicolóxicas) das persoas, facendo posible a consecución de seres humanos "perfectos" (os "válidos"). Tal vez isto non pareza malo, pero a partir de aí os "non válidos" teñen moi limitado o seu futuro e non poden acceder, por exemplo, a determinados traballos, como lle ocorre ao protagonista. Por que? Para protexer os intereses de outros. Andreas Lubitz -o copiloto que estrelou o avión contra os Alpes- nunca podería ter feito iso nunha sociedade como a de Gattaca (supostamente). Entón, isto quere decir que o ‘genoísmo’ é bo? Ademais, que é ser "perfecto"? Podemos falar de perfección falando de persoas? A todos parécenos mal que nos impidan facer determinada cousa por non posuír tal característica, pero que debe prevalecer? Os intereses da colectividade ou a liberdade e a promoción do individuo? Noutro momento aparece un pianista modificado para tocar pezas para doce dedos. Moi ben, se lle poñen doce dedos, por que non catorce? Ou dezaseis? Ou trinta? Onde está o límite? O filme ten os seus 'defectos' pero é interesante para reflexionar arredor destes asuntos.