tecnocesures

18 novembro 2014

PRIMEIRO AUTOMÓBIL COMERCIAL A HIDRÓXENO














Unha vez máis Toyota marca o paso á industria do motor lanzando o primeiro automóbil movido por un motor eléctrico que consegue a corrente a partir da utilización de celdas de Hidróxeno, que previamente se obtén da auga a partir da súa electrólise, para o que se usa electricidade -pero iso non é un problema maior, xa que hai moitas maneiras bastante máis ecolóxicas de conseguila que mover un coche cun motor de 4 tempos- (aí tedes moita información se estades moi interesados nelas). Antes xa o fixera co desenvolvemento do Just In Time e coa comercialización do Toyota Prius, o primeiro híbrido comercialmente rendible.

Eis as noticias do lanzamento do Toyota Mirai de La Voz de Galicia e de The Guardian, por se queredes practicar o inglés. Aínda é moi caro, claro, pero aínda somos moi novos para andar con coches movidos con Hidróxeno.

Etiquetas: ,