tecnocesures

25 setembro 2006

TECNOLOXÍA PENDENTE

Os alumnos que teñades a materia de Tecnoloxía pendente dalgún curso inferior ao que esteades a cursar xa podedes solicitar o Plan de Traballo (inclúe os temas e datas de cada exame de recuperación, así coma os obxectivos, contidos e criterios de avaliación da materia) e algúns exercicios pare cada curso, que dan unha idea dos exercicios e preguntas que poderían formar parte dos exames de recuperación.

Podedes atoparme en calquera recreo (agás os martes) na sala de profesores ou no taller.

Non o deixedes para moi tarde porque vos convirá empezar canto antes.

Etiquetas: