tecnocesures

24 novembro 2006

FOTOCOPIAS DE DEBUXO (2º) E ENTREGA DE TRABALLOS (4º)

Un par de recadiños nada máis:


2º E.S.O.: Xa están en Cativos as fotocopias correspondentes ao tema de Debuxo; son trece páxinas. Recollédeas en canto poidades porque a semana que vén xa imos traballar con elas.

4º E.S.O.: O martes día 5 de decembro debedes entregar o traballo que estivemos a facer durante este trimestre no taller, que, resumido, vén sendo:


- Planos, acoutados, das distintas pezas coas que imos construír a nova caseta.
- Planos da nova caseta, en conxunto.
- Lista de pezas para a construción da nova caseta.
- Lista de compoñentes para a construción da nova caseta.

Os distintos traballos teñen que facerse de acordo ás condicións que expliquei na clase. Non haberá máis días para entregalos, de xeito que @ que non os dea nesa data terá un 0 como nota. Recordade que imos avaliar o traballo na clase, de xeito que non facer os traballos e os posts do blog, ou facelos por debaixo dun nível mínimo, suporá suspender a avaliación.


Etiquetas: