tecnocesures

18 fevereiro 2018

TIPOS DE PERSPECTIVAS

> PERSPECTIVA CABALEIRA
     - menos realista
     - entre dous eixos hai un ángulo recto
       (se está na base é a Perspectiva Cabaleira Militar)

> PERSPECTIVA AXONOMÉTRICA
     - sensación de realidade intermedia
     - hai tres tipos: isométrica
                           dimétrica
                           trimétrica

> PERSPECTIVA CÓNICA
     - máis realista
     - os elementos máis afastados debúxanse máis pequenos
     - as liñas que na realidade son paralelas non o son case nunca
       no debuxo
     - hai dous tipos: cónica frontal
                             cónica oblicua

Se queredes máis información tédela na entrada de plasticosecesurenhos.blogspot.com sobre este mesmo asunto.

TIPOS DE PERSPECTIVA AXONOMÉTRICA:

Os tres tipos diferéncianse nos ángulos que forman os eixos de referencia e nos coeficientes de redución que hai que aplicar cada vez que se leva unha medida neles.
O coeficiente de redución nun eixo depende do ángulo que forman os outros dous eixos (o ángulo oposto). Por iso...

> na Isométrica os tres ángulos que forman os tres eixos son iguais, de xeito que o coeficiente de redución en cada eixo é tamén igual nos tres.

> na Dimétrica, dos tres ángulos que forman os eixos, dous son iguais e un distinto, polo que hai dous eixos (aqueles cuxos ángulos opostos son iguais) nos que o coeficiente de redución é igual e no outro é distinto ao deles. Polo tanto, hai dous coeficientes de redución (dúas "medidas") distintos, é de aí vén o nome: di-métrica, dúas medidas.

> na Trimétrica, os tres ángulos que forman os eixos son distintos, polo que o coeficiente de redución é distinto nos tres. Polo tanto, hai tres coeficientes de redución (tres "medidas") distintos, é de aí vén o nome: tri-métrica, tres medidas.

DEBUXO EN PERSPECTIVA CABALEIRA:

Para aprender a debuxar en cabaleira a partir das vistas é fundamental ser capaces de obter as vistas a partir dunha peza debuxada en perspectiva, o que xa traballamos anteriormente.

Recórdovos en trece imaxes a maneira de debuxar unha peza en cabaleira a partir das súas vistas.

É importante lembrar:
+ As liñas de anchura, altura e profundidade se debuxan PARALELAS AOS EIXOS
+ Hai que REDUCIR Á METADE TODAS AS PROFUNDIDADES que debuxemos
+ Todas as liñas de profundidade SEGUEN AS DIAGONAIS dos cadriños da libreta.
+ Debúxase DESDE O MÁIS AFASTADO AO MÁIS PRÓXIMO (primeiro o que está lonxe e despois o que está preto)

Se fas click nas imaxes poderás velas mellor.



































Aquí vos deixo un titorial no que debuxan un prisma en cabaleira, e para ir empezando pode valer...



OBTENCIÓN DAS VISTAS DUN OBXECTO


Por se vos pode axudar dalgunha maneira, déixovos dous titoriais para repasar a obtención das vistas a partir do debuxo en perspectiva:








Etiquetas: