tecnocesures

09 maio 2014

PANCA E MOMENTO (OU PAR)

Este vídeo fala un pouco das pancas, dos xéneros...


Se alguén se aburre moito tamén pode botar un vistazo a estes dous vídeos, tamén sobre pancas...




E un exemplo para falar un pouco do momento vai no 2:06; como fixo máis longa a panca, o efecto da súa forza foi maior e puido desenroscar a porca. Lembrade, cando se produce un movemento de xiro o que importa non é a forza, senón o momento que produce esa forza con respecto ao eixo de xiro.

Etiquetas: , ,

UNS APUNTAMENTOS SOBRE BIOCOMBUSTIBLES

Eis o que nos conta o CNE do Salvador.
British Petroleum (non sei que me dá que falen estes de biocombustibles) tamén fala deles.
Aquí tedes máis información.
E isto vai a máis. No telexornal do 3 de abril, por exemplo, había dúas noticias relacionadas con isto:
                           

                           

Etiquetas: , , ,

ENERXÍA MAREMOTRIZ, UNDIMOTRIZ E DAS CORRENTES MARIÑAS

Este primeiro vídeo "fala" das centrais maremotrices e undimotrices:


Eis un vídeo promocional dun fabricante de xeradores eléctricos que aproveitan a enerxía das correntes mariñas que. como din, é renovable, predecible e ten un enorme potencial...


E como vedes nesta noticia da CNN de México isto non é ciencia ficción, é algo que xa funciona. Na BBC tamén falan disto, aínda que debemos puntualizar que o que usan é a corrente mariña relacionada coa marea, non a diferenza de nivel -como nas maremotrices-, e non son "molinos" o que se coloca senón xeradores eléctricos.


Etiquetas: , ,

PODE UN TRIÁNGULO SALVARCHE A VIDA?

Jari-Matti Latvala sabe que si. Se non o credes, vede neste vídeo como a estrutura triangulada de reforzo do seu coche de rali lle salvou a vida...
Comprobade no 0:52 como o habitáculo ficou practicamente igual aínda que o coche por fóra ficase desfeito...

Etiquetas: