tecnocesures

19 março 2014

TESLA E EDISON

Explicando a guerra das correntes (ver entradas antigas) atopei varios clips que falan sobre o enfrontamento Tesla-Edison. Ou debíamos falar de enfrontamento Westinghouse-J.P.Morgan? Estes dous, homes de negocios máis que de ciencia -seguramente Edison tamén o era- tiveron máis claro que é preferible un mal acordo que un bo pleito, e repartiron o pastel.
Eis as ligazóns aos dous vídeos:

O DE DEBUXOS

O DE "HELADO CULTO" (Neste hai algún erro grave na redacción: evidentemente os tendidos eléctricos xa eran de c.a. antes de 2007; NON foron substituídos en 2007 de c.c. a c.a., como din no vídeo)

Etiquetas: , ,

"EL AIRE QUE RESPIRAMOS", de Informe Semanal (TVE)

Eis a ligazón a unha reportaxe de Informe Semanal que fala sobre a relación entre contaminación atmosférica e tránsito de automóbiles térmicos. Fala algo tamén sobre consecuencias na saúde das persoas. Como idea non está mal, aínda que caia en erros habituais como a louvanza aos automóbiles eléctricos (de onde pensan que sacan a electricidade?)

Etiquetas: , ,