tecnocesures

17 dezembro 2024

Cinco noticias de actualidade sobre seguridade informática

 Se queres ler algunha, fai clic na imaxe correspondente:

Etiquetas:

19 novembro 2024

UNHA VANTAXE DA DIXITALIZACIÓN

... e moito máis!!!, di ben a imaxe, porque a cantidade de fotos, discos e libros, por exemplo, que podemos levar no móbil non está reflectida nela.
Nin tampouco internet e toda a inmensa (nunca podemos decir 'infinita') cantidade de recursos que pon ao noso alcance e que nos anos 80 -cando probablemente foi tomada esta imaxe- non podíamos nin sequera imaxinar como posible.

Etiquetas:

07 outubro 2024

CELIA: A IA galega que axuda os maiores

A Universidade de Vigo desenvolveu o software CELIA, que según din NA SÚA WEB é "A mellor asistente conversacional con Intelixencia Artificial" para os maiores.
Se queres coñecela un pouco podes consultar ESTE PDF.
Como ves, este software podes instalalo no teléfono móbil e ten moitas funcionalidades distintas, aínda que tamén é accesible desde WhatsApp, no número 655 641 445.
Seguindo as ligazóns tes acceso ás noticias que sobre ela publicaron atlanTTic, La Voz de Galicia ou a Cadena COPE. 



Etiquetas: ,

05 outubro 2017

REDES SOCIAIS E FELICIDADE

Se sodes usuarios ou usuarias das redes sociais, que seguro que o sodes, paga a pena que leades o post de hoxe de PonTICScesures, excelso blogue.

Etiquetas: ,

06 junho 2017

NON MANDES UN HUMANO FACER O TRABALLO DUNHA MÁQUINA

Isto dicíallo un Axente Especial a Morfeo en The Matrix (1999) e parece que cada vez está máis preto de tornarse certo.











Recentemente saiu unha curiosa ferramenta informática que nos di que probabilidade hai de que un robot faga o noso traballo.
Como é lóxico, traballos guiados e pouco creativos como soldar, conducir, etc., teñen un 'risco' alto de ser automatizados e, por tanto, moitos traballadores que opten por eles poderían logo non ter traballo.
Outros empregos máis creativos e especializados como profesor, enxeñeiro, etc., parece que van ser coto exclusivo dos humanos aínda por un tempo.
Se queredes ver a probabilidade de que un traballo concreto acabe sendo feito por robots, poñédevos as gafas de ler e escribir en inglés e seguide a SEGUINTE LIGAZÓN.
En todo caso, a Humanidade xa se ten enfrontado a situacións parecidas a esta (como por exemplo a principios do Século XIX coa chegada das novas máquinas da Revolución Industrial) e pasado o tempo parece que a calidade de vida acabou aumentando, pero o certo é que o asunto dos robots visto desde agora dá mala espiña...

Etiquetas: , ,

17 março 2017

SEGURIDADE INFORMÁTICA

Image result for phishing
Pégovos aquí a ligazón co blogue PONTICSCESURES para a ver a entrada sobre seguridade no uso de computadores. É un asunto importante que espero que non vos acabe afectando a ningún e ningunha pero que podería chegar até calquera de vós. Lede con especial atención o referente ao phishing, que moitas veces é o comezo de problemas serios.

Etiquetas:

13 setembro 2016

COMUNICACIÓN CON E SEN FIOS. TIPOS DE REDES.

Esta parte da materia está incluída dentro do Bloque 1. Tecnoloxías da información e da comunicación. Déixovos aquí unhas ligazóns para que, aprendendo a aprender, traballedes os Estándares de Aprendizaxe:
TEB1.1.1. Describe os elementos e os sistemas fundamentais que se utilizan na comunicación con fíos e sen eles.
TEB1.1.2. Describe as formas de conexión na comunicación entre dispositivos dixitais.

Estes Estándares correspóndense cos Contidos:
B1.1. Elementos e dispositivos de comunicación con fíos e sen eles.
B1.2. Tipoloxía de redes.

A site que encontrei que desenvolve máis exactamente estes contidos é ESTA.
Déixovos tamén as ligazóns ás entradas da Wikipedia sobre COMUNICACIÓN INALÁMBRICA e sobre REDES DE COMPUTADORES.

Etiquetas: , ,

11 junho 2013

HISTORIA DOS COMPUTADORES E DA COMPUTACIÓN

Eis o documental do que vos falei:

https://www.youtube.com/watch?v=vzT_Ah89urY

Etiquetas: , ,

07 junho 2013

NOCIÓNS BÁSICAS SOBRE COMPUTADORES

Escoitade que voz tan humana ten este vídeo que nos explica as cuestións máis fundamentais sobre como está constituído e como funciona un computador:


Por se algún de vós ensordece por levar os cascos moi altos, aquí hai un sen voz:


Etiquetas: , ,