tecnocesures

04 março 2020

ESTUDOS CON MÁIS SAÍDAS PROFESIONAIS

La Voz acaba de publicar esta interesante noticia na que dá conta das carreiras universitarias que teñen máis saídas entre as que se imparten en Galicia.
Aquí vos deixo como primicia o "top 15" (se facedes click nas imaxes podedes velas con maior calidade):
Con respecto á Formación Profesional, o ano pasado Faro publicou a seguinte clasificación:
Cada un e cada unha que saque as súas propias conclusións con respecto a que materias lle interesa estudar se quere estar nas mellores condicións posibles de conseguir un traballo en Galicia no futuro.

Etiquetas:

07 fevereiro 2020

Causa e efecto

Unha das causas:



Algúns posibles efectos, en Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/02/06/mapa-mortalidad-galicia-cambia-riesgo-muerte-concello/00031581003391931960709.htm

e en España:

https://elpais.com/elpais/2020/02/05/ciencia/1580906716_232241.html

Etiquetas: , , , , ,

23 outubro 2017

DATOS CADA VEZ MÁIS PREOCUPANTES SOBRE CONTAMINACIÓN

Os que non teñen problemas en quitar importancia ao cambio climático e ao impacto ambiental da actividade productiva deberían botar unha ollada a esta noticia que publicou El Mundo. Se preferides ler o estudo de partida, eis a ligazón.
En todo caso, non son datos demasiado sorprendentes para os que seguimos o asunto. Aquí podedes ler o que publicou a OMS o ano pasado.

Etiquetas: ,

05 outubro 2017

REDES SOCIAIS E FELICIDADE

Se sodes usuarios ou usuarias das redes sociais, que seguro que o sodes, paga a pena que leades o post de hoxe de PonTICScesures, excelso blogue.

Etiquetas: ,

06 junho 2017

NON MANDES UN HUMANO FACER O TRABALLO DUNHA MÁQUINA

Isto dicíallo un Axente Especial a Morfeo en The Matrix (1999) e parece que cada vez está máis preto de tornarse certo.











Recentemente saiu unha curiosa ferramenta informática que nos di que probabilidade hai de que un robot faga o noso traballo.
Como é lóxico, traballos guiados e pouco creativos como soldar, conducir, etc., teñen un 'risco' alto de ser automatizados e, por tanto, moitos traballadores que opten por eles poderían logo non ter traballo.
Outros empregos máis creativos e especializados como profesor, enxeñeiro, etc., parece que van ser coto exclusivo dos humanos aínda por un tempo.
Se queredes ver a probabilidade de que un traballo concreto acabe sendo feito por robots, poñédevos as gafas de ler e escribir en inglés e seguide a SEGUINTE LIGAZÓN.
En todo caso, a Humanidade xa se ten enfrontado a situacións parecidas a esta (como por exemplo a principios do Século XIX coa chegada das novas máquinas da Revolución Industrial) e pasado o tempo parece que a calidade de vida acabou aumentando, pero o certo é que o asunto dos robots visto desde agora dá mala espiña...

Etiquetas: , ,

16 junho 2016

UNHA NOTICIA SOBRE POSTUREO TECNOLÓXICO

Remítovos á entrada de ponticscesures.

Etiquetas:

19 janeiro 2016

RENOVABLES, A ÚNICA OPCIÓN

Falabamos hai tempo que os argumentos que utilizaban os detractores das renovables é que son caras e intermitentes. Hoxe hai recursos tecnolóxicos máis que de sobra para vencer a intermitencia, e xa daquela vos dicía que se se considerase o prezo real das non renovables (sobre todo os custos derivados do seu impacto medioambiental) tampouco sería certo. Así que, tras esta noticia de La Voz de hoxe (que nos conta que xa é máis barata a enerxía de orixe solar cá do carbón), está claro que o único argumento dos detractores das renovables é garantir que os colegas dos ministros e presidentes de turno non perdan o seu negocio. Se miramos os dous últimos presidentes do goberno de España, a diferencia é ben clara: Zapatero apostou por impulsar as renovables; Rajoy, por penalizalas.

Etiquetas: , ,

23 novembro 2015

O COCHE AUTÓNOMO, XA EN GALIZA

http://estaticos02.elmundo.es/assets/multimedia/imagenes/2015/11/23/14482764764912.png

























Vémolo hoxe en todos os xornais e televisións:

PSA lleva a Galicia a la historia con el viaje a Madrid de su coche sin conductor


"Grão a grão enche a galinha o papo", din en Portugal. Paso a paso aproximámonos a ese futuro no que os coches se van conducir sos.
Unicamente, dous asuntos fundamentais:
- que pasa se se estropea? É decir, vai necesitar uns sistemas de seguridade e de comprobación e recomprobación moi moi moi moi fiables...
- supoño que nos deixará conducir se queremos, ou?















Por certo, que coche é? Un Picasso? Eu non digo nada...

Etiquetas:

15 outubro 2015

A TELEPATÍA ARTIFICIAL, MÁIS CERCA DO QUE PENSAMOS


Xa hai seis anos saiu esta noticia falando de como é posible mandar máquinas a través do pensamento. Estes días volveu saír nos medios noticia de novos avances neste eido. Igual alguén pensa: "e que ten que ver todo isto coa telepatía?"

O razoamento é o seguinte:
- se podemos interpretar o pensamento cunha máquina, traballar con el e mandar un robot (é do que falan nas ligazóns)
- se podemos mandar a distancia mensaxes que outros, a distancia, poden descifrar (teléfono móbil)
- o que nos falta para que a outro lle chegue o que nós pensamos é, basicamente, que a mensaxe o móvil nola dea como ondas que o cerebro poda interpretar en vez de mediante sons. Ou, sendo menos ambiciosos, cun pequenísimo auricular (dese xeito a mensaxe podería enviarse telepaticamente pero recibirse a través do oído).
A miña sospeita é que para que isto sexa realidade falta moi pouco... se é que non o fan xa algúns...

Etiquetas:

15 setembro 2015

VÉN O COCHE VOADOR?


Etiquetas:

30 junho 2015

DILEMAS ÉTICOS NO DESEÑO

Eis a noticia de El País que os presenta...

¿Debería decidir un coche sin conductor quién vive y quién muere?

Etiquetas: ,

15 maio 2015

É PERIGOSO VIVIR CERCA DUNHA CENTRAL NUCLEAR?

Todos temos claro que si o é, xa que no caso de producirse un accidente iamos levar a peor parte. Pero a xente normalmente non vai tan lonxe e se pregunta se a nosa saúde corre riscos por vivirmos preto dunha central nuclear sen poñernos no caso de que chegue a producirse un accidente.
A cuestión formulada así non está tan clara.
Por iso, póñovos ligazóns a varias webs que falan do asunto, reflectindo as conclusións de diversos estudos.
Din que non ten perigo:
- UN ESPAÑOL, DE 2010
- DOUS BRITÁNICOS, DE 2011 E 2013.
Din que si o ten:
- UN ALEMÁN, DE 2007
- UN FRANCÉS -VÍA MÉXICO- DE 2012.
Será que ten risco nuns países e non noutros (polo rigor dos controis que se fan sobre o seu funcionamento) ou que nalgúns países os estudos foron censurados?
O que acha você?

Etiquetas: , , ,

11 maio 2015

A FIN DA INTERMITENCIA?


Mentres o goberno do Estado leva tempo facendo política de asuntos medioambientais que debían ficar á marxe, dúas noticias relativamente recentes parecen indicar que un dos inconvenientes máis frecuentemente argüidos polos inimigos das renovables (a intermitencia) está preto de ser historia: a avanzada marcha do Proxecto Magallanes e a presentación da batería doméstica de Tesla.

Etiquetas: , , ,

29 abril 2015

SON AS TÉRMICAS REALMENTE BARATAS?

Que o custo da enerxía producida con fontes non renovables non se corresponde co que contan aqueles que as defenden é unha evidencia que só negan os integristas. Hai estudos científicos e noticias arreo que o confirman. Póñovos estas dúas: unha de hai cinco meses, de El País, e outra de onte mesmo, de El Mundo, que nos serven para ver -de paso- que esta non é unha cuestión de opinión ou liña editorial. A ver se adiviñades quen paga eses custos (Pista: Non son as empresas que producen eses prexuízos).
Por certo, no estudo dado a coñecer onte só contabilizan os custos por mortes (?) e por enfermidades. A cantidade de cartos é aínda moito maior se temos en conta os danos debidos á erosión dos recursos naturais, das construcións e das infraestruturas.
Foto

Etiquetas: , ,

18 novembro 2014

PRIMEIRO AUTOMÓBIL COMERCIAL A HIDRÓXENO














Unha vez máis Toyota marca o paso á industria do motor lanzando o primeiro automóbil movido por un motor eléctrico que consegue a corrente a partir da utilización de celdas de Hidróxeno, que previamente se obtén da auga a partir da súa electrólise, para o que se usa electricidade -pero iso non é un problema maior, xa que hai moitas maneiras bastante máis ecolóxicas de conseguila que mover un coche cun motor de 4 tempos- (aí tedes moita información se estades moi interesados nelas). Antes xa o fixera co desenvolvemento do Just In Time e coa comercialización do Toyota Prius, o primeiro híbrido comercialmente rendible.

Eis as noticias do lanzamento do Toyota Mirai de La Voz de Galicia e de The Guardian, por se queredes practicar o inglés. Aínda é moi caro, claro, pero aínda somos moi novos para andar con coches movidos con Hidróxeno.

Etiquetas: ,

14 novembro 2014

CHINA, CONTAMINACIÓN E CAMBIO CLIMÁTICO













Como xa vimos en clase, China converteuse no principal emisor de CO2 á atmosfera. Tamén vos comentara que noutro ano buscáramos datos e encontráramos que morrían daquela 750.000 persoas por ano, en China, pola contaminación. Nestes días saíu a noticia dos mortos no ano 2012, que foron 670.000. De todos modos, nesta mesma noticia indícase que un estudo de The Lancet indicaba que en 2.010 morrían en China aproximadamente 1'2 millóns de persoas pola contaminación.
Seguramente sae esta noticia a partir do cumio Asia-Pacífico que se celebrou esta semana. Aproveitándoa, China e EE.UU. asinaron por fin unha especie de acordo sobre emisións. Póñovos as noticias que El País e El Mundo publicaron en relación a isto.

Por outra parte, hai uns días celebrouse o cumio sobre o clima, un novo. As conclusións tédelas neste documento e, máis extensamente, nestas ligazóns.

Etiquetas: , ,

07 maio 2014

QUEN O ÍA DECIR!!!

Eis a confirmación:
EE.UU. CONFIRMA QUE O QUECEMENTO GLOBAL É CERTO

Etiquetas: , ,

20 janeiro 2014

Un apuntamento máis sobre desigualdade

Téde-la noticia en La Voz de Galicia:

Los 20 españoles más ricos igualan los ingresos del 20% de la población pobre

Etiquetas: ,

15 janeiro 2014

AS ENERXÍAS RENOVABLES, MINORITARIAS?

Hai unha crenza antiga que algúns non sacan de encima (tal vez polo interese) segundo a cal as enerxías renovables terían que ser, pola súa propia natureza, minoritarias. Pero logo a pouco que apostamos por elas, pasa o tempo e...

España es el primer país donde la eólica se convierte en la mayor fuente de energía

Etiquetas: , , ,

22 outubro 2013

XA É OFICIAL: A CONTAMINACIÓN PRODUCE CANCRO

Non creo que deba sorprender a ninguén, pero polo que se ve hai quen só aprende polos feitos, como diría N. Machiavelli.
Eis a ligazón:
La OMS declara cancerígena la contaminación atmosférica.

Alén diso, aos poucos días resulta que en China viráselles o coitelo...
China en alerta ante alta contaminación del aire


Etiquetas: ,