tecnocesures

15 outubro 2007

MATERIA PENDENTE

Xa está colgada na porta do Taller unha folla coa información sobre as datas dos exames dos alumnos que tedes a materia de Tecnoloxía pendente e os temas que entran en cada un deles.

A información que contén dita folla é a seguinte:

AVISO: EXAMES DOS ALUMNOS CON TECNOLOXÍA PENDENTE

DE 1º CURSO DE E.S.O.:
- DATAS DOS EXAMES PARCIAIS:
ð 1º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Introdución á Tecnoloxía; O Proceso Tecnolóxico de Resolución de Problemas, Análise de Obxectos.
+ DATA: Martes, 18 de Decembro de 2007, no recreo.
ð 2º TRIMESTRE:
+ TEMAS: O Debuxo en Tecnoloxía.
+ DATA: Martes, 11 de Marzo de 2008, no recreo.
ð 3º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Estruturas e mecanismos.
+ DATA: Martes, 22 de Abril de 2008, no recreo.

DE 2º CURSO DE E.S.O.:
- DATAS DOS EXAMES PARCIAIS:
ð 1º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Proceso Tecnolóxico de Resolución de Problemas; A Enerxía e a súa Transformación.
+ DATA: Martes, 18 de Decembro de 2007, no recreo.
ð 2º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Exploración e Comunicación de Ideas (Debuxo).
+ DATA: Martes, 11 de Marzo de 2008, no recreo.
ð 3º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Electricidade; Máquinas.
+ DATA: Martes, 22 de Abril de 2008, no recreo.

DE 3º CURSO DE E.S.O.:
- DATAS DOS EXAMES PARCIAIS:
ð 1º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Proceso de Resolución Técnica de Problemas; O impacto da Tecnoloxía; Materiais de uso técnico: os plásticos; Materiais de uso técnico: os materiais téxtiles, pétreos e cerámicos.
+ DATA: Martes, 18 de Decembro de 2007, no recreo.
ð 2º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Produción e Distribución da Enerxía; As Enerxías Alternativas.
+ DATA: Martes, 11 de Marzo de 2008, no recreo.
ð 3º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Instalacións nos Edificios, O Control da Electricidade.
+ DATA: Martes, 22 de Abril de 2008, no recreo.

NOTA: a data da Proba Global de Maio será fixada de xeito coordinado cos outros Departamentos e anunciada con suficiente antelación.

Etiquetas:

BLOG DE 4º: TEMAS PARA O PRIMEIRO POST

Os temas que escollestes para a Primeira Avaliación, e que son válidos cos matices que indico, son os seguintes:

RUBÉN: A contaminación de FINSA: en que consiste, como evitala e que consecuencias ten para o pobo de Cesures.

UXÍO: Os coches ecolóxicos: en que consisten (que tipos hai), vantaxes, limitacións.

JAVIER: Causas, consecuencias e como reducir o problema do quecemento global.

BORJA: Biocombustibles: vantaxes e posibilidade real da súa utilización a grande escala (custo, cantidade de solo que precisan...).

CATUXA: Avances na Medicina debidos á Tecnoloxía.

MIREIA: Aportes da Tecnoloxía para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade física.

EVA: Consecuencias positivas da reciclaxe sobre o Medio Ambiente e a Economía.

ALBA: Evolución das características e prestacións dos ordenadores. Proxeccións cara o futuro (cara onde se espera que evolucionen).

DAVID: Que é e para que serve o Acelerador de partículas.

Recordade os requisitos que teñen que cumplir os posts:

- tedes que buscar 4 webs das que ides sacar a información para escribir o texto.
- tedes que buscar 5 webs (distintas das 4 anteriores) que ides utilizar coma ligazóns.
- tedes que buscar 2 webs (distintas das 9 anteriores) das que ides sacar as imaxes.

Estes son requisitos MÍNIMOS.

Xa sabedes que o texto ten que ter unha extensión MÍNIMA dunha páxina a Times 12, e que ten que ter un sentido por si só (dea unha información, vaia ben estruturado, etc.) ademais de servir para conectar coas ligazóns para ampliar información sobre algún dos aspectos que indicades no voso texto.

Tedes os requisitos explicados con maior detalle en posts anteriores deste blog.

Etiquetas: