tecnocesures

17 dezembro 2010

A CHISPA DOS CHISQUEIROS SEN RODA


Saiu na clase de 3º a cuestión de como facían a chispa os chisqueiros que non teñen roda. Comenteivos que probablemente o mecanismo aproveitase o efecto piezoeléctrico. Eis algo así como a reseña da patente dun chisqueiro deste tipo. Aquí falan sobre os encendedores para o gas, que son basicamente o elemento que produce a chispa coa forma adaptada para ese uso (é o mesmo ca nos chisqueiros).
Se a alguén lle soubo a pouco o que falamos sobre os medios condutores da electricidade e as tormentas, póñovos unha ligazón á vosa páxina de referencia.

Etiquetas: ,