tecnocesures

24 outubro 2014

"REPARTO" DA RIQUEZA

Hai oito días Gabriel Lemos publicou en La Voz de Galicia esta noticia, na que fala da desigualdade na distribución da riqueza. Desgraciadamente na web non colgaron o gráfico no que recollían a información máis interesante.
O infográfico reflectía, por exemplo, que o 0'7% das persoas máis "ricas" da terra posúen o 44% da riqueza e que o 7'9% seguinte posúe o 41'3% da riqueza; é decir: o 8'6% dos máis ricos posúen o 85'3% da riqueza.
Como vedes, son datos aínda peores cós do gráfico que vai aquí pegado, que corresponde a un gráfico de 2009 sacado dunha entrada dunha bitácora de 2011. Nel vemos que o 20% da poboación máis rica posuía o 82'7% da riqueza.



















Na noticia Lemos indica tamén que o 69'8% dos habitantes con menos riqueza da terra posúe só o 2'9% da riqueza. Tamén é un dato aínda peor có que se saca do gráfico de 2009, no que o 60% da poboación con menos recursos posuía só o 5'6% da riqueza.
Arrepiante. E cada vez peor.


Etiquetas: ,