tecnocesures

30 outubro 2006

AVALIACIÓN DOS POSTS PARA O BLOG:

Todos os campos avalíanse con respecto aos seguintes referentes de extensión:

· Liñas a times 12: 34 (equivale a un folio de extensión a espazo e medio).
· Links: 5.
· Imaxes: 2.

Non se penalizará o exceso pero si o defecto.

O texto avaliarase cun 50% da nota do post.
Os links avaliaranse cun 35% da nota do post.
As imaxes avaliaranse cun 15% da nota do post.

No texto valorarase:
· a cantidade de información contida.
· a relevancia da información contida.
· a novidade da información contida.
· a estruturación dos contidos.

Ademais do texto en si hai que entregar, polo menos, catro direccións das que sacastes a información para escribir o texto, que non poden coincidir (ningunha delas) con ningunha das que teñades sacado imaxes nin das que utilicedes como ligazóns.

Nos links valorarase:
· nível de relación co texto do que deriva (post).
· cantidade e relevancia da información contida.

Nas imaxes valorarase:
· valor informativo (di algo a imaxe?)
· valor estético para facer agradable o post e para chamar a atención sobre el e os internautas o lean.


Etiquetas: