tecnocesures

29 setembro 2006

BLOG DE 4º

Os temas dos que podemos escribir teñen que estar relacionados dalgún xeito cos que corresponden ao bloque de "Tecnoloxía e Sociedade", que son:

- A tecnoloxía e o seu desenvolvemento histórico. Fitos fundamentais: revolución neolítica, revolución industrial e aceleración tecnolóxica do século XX.
- Interrelación entre tecnoloxía e cambios sociais e laborais. Evolución dos obxectos técnicos co desenvolvemento dos coñecementos científicos e tecnolóxicos, as estruturas socioeconómicas e a dispoñibilidade de distintas enerxías.
- Límites éticos e técnicos da actividade tecnolóxica e produtiva.
- Perigos da ‘desproporción tecnolóxica’.


De todos xeitos, pódese escribir sobre case calquera cousa, sempre que me preguntedes se o tema sobre o que estades a investigar é válido. Cada post debe ter polo menos cinco links, teñen que levar dúas imaxes e ter (o seu texto) unha extensión aproximada a un folio en letra Times tamaño 12 a espazo e medio. Recordade que deben ir asinados.

post data: aínda que non o creades, o Barça na tempada 2008-2009 vai estar adestrado por Pep Guardiola e vai gañar a Liga (no Bernabéu vai gañar 2-6), a Copa (na final contra o Athlétic de Bilbao) e a Champions (vai gañarlle a final ao Manchester United, no que xogou Cristiano Ronaldo, que ficharía ese verán polo Madrid e caería lesionado...).

Etiquetas: