tecnocesures

02 dezembro 2006

Fotos do blog e primeiras sensacións (4º)

O método que vos propuxen para pasarme as fotos para os vosos posts do blog non serviu. Entón, ides ter que pasarme cada un as fotos nunha carpeta que leve o voso nome e xa as subo eu ao post correspondente.

Por outra parte, boteille unha pequena ollada aos posts e a primeira impresión non é boa: non me fixestes caso no que vos dixen e cometistes tódolos erros dos que vos prevín. Algúns repetides a mesma información que vai nos links, outros copiades DESCARADAMENTE o texto do que sacades información (mesmo os chistes que fan neles), hai quen non chega aos cinco links, incluso algún fai publicidade, están tamén os que copian o título da páxina que poñen o link e sacan case toda a información dela, outros quédanse nun texto que se pode facer –incluso moito mellor- nunha clase cando lle adicamos unha clase ¡durante máis de mes e medio! En moitos casos era visto, xa que despois de máis dun mes de traballo non levaba NADA feito: nin imaxes, nin links, nin ideas...

En definitiva, un pouco decepcionante. Se cadra non me expliquei ben ou non me quixestes entender. Tampouco vos deu a gaña de mirar o exemplo que xa vos puxera no blog para indicarvos de qué se trataba: un texto que en si mesmo diga algo pero que sirva de guía para ampliar a información a través dos links: dá igual o que diga. Xa volo avisei, que non vos sorprendan as notas.

E se falo da redacción e da ortografía: lamentables. Non sei se ninguén vos dixo algunha vez que existe algo chamado acento gráfico ou til que levan, por exemplo, tódalas esdrúxulas. Logo está a concordancia entre suxeito e verbo... un poema.

Mensaxe para catro:
- Christian e María Jesús: non me entregastes nada.
- María: sigo sin poder abrilo.
- Dani: non correxiches o que che dixen dos links.

Se non resolvedes estes problemas, os tres primeiros teredes un 0 e o cuarto levarao na parte da cualificación que se refire aos links.

Nada máis.

Etiquetas: