tecnocesures

07 abril 2010

DATAS PARA O 3º POST

Do mesmo xeito que xa fixéramos na 2ª avaliación, imos fixar unhas datas nas que teredes que ir entregando (enviándoas por correo electrónico) partes sucesivas do traballo, de xeito que non teñades a tentación de deixalo todo para o final. Estas datas (son todas datas límite), e o que hai que entregar en cada unha, son as da seguinte relación:

21 de abril de 2.010: tema definitivo para o terceiro post (descrición en 4 ou 5 liñas do enfoque que se lle vai dar)
5 de maio de 2.010: direccións das que se vai sacar a información para escribir o texto
19 de maio de 2.010: direccións das que se van sacar as imaxes e imaxes (isto é novidade, enviádesmas coma arquivo adxunto no mesmo correo no que me mandedes as direccións das que as sacades)
2 de xuño de 2.010: direccións que van servir como ligazóns (en todo caso, haberá que volver a indicar no texto redactado -como se fixo no 1º e no 2º post- en que parte do texto vai situado cada link e a súa dirección)
16 de xuño de 2.010: texto definitivo, con título, autor e links.

Etiquetas: