tecnocesures

12 março 2024

PROBA PARA A ACREDITACIÓN DO NIVEL INTERMEDIO (COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO)

LIGAZÓN Á RESOLUCIÓN (DOG, PDF)

LIGAZÓN Á ESTRUTURA DO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (PDF)

ESTRUTURA DO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (WEB)

DEMO DA PROBA DE ACREDITACIÓN

Correo oficial para solucionar dúbidas sobre a proba: acreditacioncdalumnado@edu.xunta.gal

LINK COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO CON DEMO

Etiquetas:

09 maio 2008

4º E.S.O.: TRABALLOS DE FIN DE CURSO

O Traballo que queda por facer ata o fin de curso é o seguinte:


- Terminar o post correspondente á 3ª avaliación para o blog.

- Ver ‘The matrix’ e ‘Gattaca’ e realizar as actividades que vos vou dar.

- Debuxos* en perspectiva:
· da peza enteira (pódese facer suponiendo que as superficies son planas)
· da base de 4*8 buratos (considerar que é duna soa peza)
· do explosionado da peza

- Vistas* ortogonais acoutadas:
· da peza enteira
· de cada unha das pezas que componen a peza enteira

* TÓDOLOS DEBUXOS TEÑEN QUE LEVAR O SEU CADRO DE ROTULACIÓN CORRECTAMENTE CUMPRIMENTADO

- Hai que engadir unha lista na que se indiquen cantas pezas de cada tipo leva a peza completa e cales son as medidas (longo x ancho x profundo) desas pezas.

- Hai que encher unha folla de proceso na que se explique a orde na que se vai montando a peza complexa a partir das pezas pequenas.

- Para a peza en ‘H’, utilizando follas de operación, explicar como se podería obter a partir dunha táboa de madeira, supoñendo que a peza en ‘H’ fose de madeira.

Etiquetas:

15 outubro 2007

MATERIA PENDENTE

Xa está colgada na porta do Taller unha folla coa información sobre as datas dos exames dos alumnos que tedes a materia de Tecnoloxía pendente e os temas que entran en cada un deles.

A información que contén dita folla é a seguinte:

AVISO: EXAMES DOS ALUMNOS CON TECNOLOXÍA PENDENTE

DE 1º CURSO DE E.S.O.:
- DATAS DOS EXAMES PARCIAIS:
ð 1º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Introdución á Tecnoloxía; O Proceso Tecnolóxico de Resolución de Problemas, Análise de Obxectos.
+ DATA: Martes, 18 de Decembro de 2007, no recreo.
ð 2º TRIMESTRE:
+ TEMAS: O Debuxo en Tecnoloxía.
+ DATA: Martes, 11 de Marzo de 2008, no recreo.
ð 3º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Estruturas e mecanismos.
+ DATA: Martes, 22 de Abril de 2008, no recreo.

DE 2º CURSO DE E.S.O.:
- DATAS DOS EXAMES PARCIAIS:
ð 1º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Proceso Tecnolóxico de Resolución de Problemas; A Enerxía e a súa Transformación.
+ DATA: Martes, 18 de Decembro de 2007, no recreo.
ð 2º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Exploración e Comunicación de Ideas (Debuxo).
+ DATA: Martes, 11 de Marzo de 2008, no recreo.
ð 3º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Electricidade; Máquinas.
+ DATA: Martes, 22 de Abril de 2008, no recreo.

DE 3º CURSO DE E.S.O.:
- DATAS DOS EXAMES PARCIAIS:
ð 1º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Proceso de Resolución Técnica de Problemas; O impacto da Tecnoloxía; Materiais de uso técnico: os plásticos; Materiais de uso técnico: os materiais téxtiles, pétreos e cerámicos.
+ DATA: Martes, 18 de Decembro de 2007, no recreo.
ð 2º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Produción e Distribución da Enerxía; As Enerxías Alternativas.
+ DATA: Martes, 11 de Marzo de 2008, no recreo.
ð 3º TRIMESTRE:
+ TEMAS: Instalacións nos Edificios, O Control da Electricidade.
+ DATA: Martes, 22 de Abril de 2008, no recreo.

NOTA: a data da Proba Global de Maio será fixada de xeito coordinado cos outros Departamentos e anunciada con suficiente antelación.

Etiquetas:

20 dezembro 2006

RESULTADOS DE PENDENTES

Despois de facer e correxir os exames correspondentes ao primeiro trimestre da materia de Tecnoloxía pendente de cursos anteriores, os resultados numéricos que se obtiveron foron:

1º curso:
Christian Barreiro, Alejandro J.González, Gonzalo González, Tamara Jiménez e J.Ángel Lafuente: NON PRESENTADOS

2º curso:
Nazaret Agrasar: 4.1
Mª Jesús Lafuente: 1.25
María Lagoa: 2.5
Rebeca Ferreirós: 3
Noelia González: 3.75
Javier Magán: 0
J.Andrés Quintáns: 1.3
Marco Vázquez: 4.8

3º curso:
Mª Jesús Lafuente e Christian Lojo: NON PRESENTADOS
Sandra Besada: 2.6

Polo tanto, só están en disposición de recuperar a materia antes da proba global de maio os alumnos Nazaret Agrasar, Noelia González e Marco Vázquez, que terán que obter máis dun 5 en cada un dos exames seguintes e ademais a suma das notas deberá ser, polo menos, de 10.9, 11.25 e 10.2 puntos respectivamente.

Etiquetas:

24 novembro 2006

FOTOCOPIAS DE DEBUXO (2º) E ENTREGA DE TRABALLOS (4º)

Un par de recadiños nada máis:


2º E.S.O.: Xa están en Cativos as fotocopias correspondentes ao tema de Debuxo; son trece páxinas. Recollédeas en canto poidades porque a semana que vén xa imos traballar con elas.

4º E.S.O.: O martes día 5 de decembro debedes entregar o traballo que estivemos a facer durante este trimestre no taller, que, resumido, vén sendo:


- Planos, acoutados, das distintas pezas coas que imos construír a nova caseta.
- Planos da nova caseta, en conxunto.
- Lista de pezas para a construción da nova caseta.
- Lista de compoñentes para a construción da nova caseta.

Os distintos traballos teñen que facerse de acordo ás condicións que expliquei na clase. Non haberá máis días para entregalos, de xeito que @ que non os dea nesa data terá un 0 como nota. Recordade que imos avaliar o traballo na clase, de xeito que non facer os traballos e os posts do blog, ou facelos por debaixo dun nível mínimo, suporá suspender a avaliación.


Etiquetas:

03 outubro 2006

DATAS DOS EXAMES PARCIAIS DOS PENDENTES

Xa están expostas na porta do taller as datas dos tres parciais para @s que teñades a materia pendente dalgún ano anterior. Na folla tamén figuran os temas que entran en cada exame. Recórdovos novamente que podedes pasar a falar comigo para que vos dea o plan de traballo, do que xa vos falei máis abaixo.

En concreto, as datas dos exames son:

1º parcial: 20 de decembro de 2006
2º parcial: 28 de marzal de 2007
3º parcial: 25 de abril de 2007.

Etiquetas:

02 outubro 2006

FOTOCOPIAS DE ENERXÍA DE 2º

Xa deben estar en Cativos as fotocopias correspondentes ao tema 'A enerxía e a súa transformación' para 2º de E.S.O.. Pasade canto antes a recollelas para poder traballar con elas na clase. Son 11 páxinas, de xeito que se volas cobran a 5 céntimos cada unha serán un total de 55 céntimos. Non o deixedes para mañán, que mañán nunca chega.

Etiquetas:

25 setembro 2006

TECNOLOXÍA PENDENTE

Os alumnos que teñades a materia de Tecnoloxía pendente dalgún curso inferior ao que esteades a cursar xa podedes solicitar o Plan de Traballo (inclúe os temas e datas de cada exame de recuperación, así coma os obxectivos, contidos e criterios de avaliación da materia) e algúns exercicios pare cada curso, que dan unha idea dos exercicios e preguntas que poderían formar parte dos exames de recuperación.

Podedes atoparme en calquera recreo (agás os martes) na sala de profesores ou no taller.

Non o deixedes para moi tarde porque vos convirá empezar canto antes.

Etiquetas: