tecnocesures

11 janeiro 2007

TEMAS E REQUISITOS PARA O SEGUNDO POST DO BLOG (4º)

Os temas sobre os que ides traballar cada un para o segundo post do blog de 4º son, definitivamente:

Pedro: G.P.S.
Noel: innovacións que pasan da fórmula 1 aos coches da rúa

Adrián: roupa intelixente (tecidos variables...)
Silvana: mensaxes de móbil (tipos, tecnoloxías, etc.)
María Jesús: botas de fútbol (materiais, innovacións, deseño…)
María: cámaras de fotos (partes, tipos, características…)
Victoria: desastres medioambientais próximos a nós
Andrea: técnicas de animación para cinema
Noelia: técnicas de investigación policial
Tito: enerxía solar
Nazaret: medidas de aforro enerxético na vida cotiá
Jennifer: nadal e medio ambiente
Daniel: biotecnoloxía.

Visto o “éxito” dos posts da primeira avaliación, vai haber uns NOVOS REQUISITOS OBRIGATORIOS ademais dos requisitos do primeiro post, que seguen sendo obrigatorios tamén. Fágoo para intentar garantir que os vosos traballos teñan unha mellor calidade e, portanto, mellor cualificación. Estes novos requisitos resúmense en que para facer cada post tedes que ter, COMO MÍNIMO:

- 2 PÁXINAS WEB das que ides sacar as IMAXES
- 5 PÁXINAS WEB DISTINTAS DAS 2 ANTERIORES que ides utilizar para os LINKS
- 4 PÁXINAS WEB DISTINTAS DAS 7 ANTERIORES que ides utilizar para sacar INFORMACIÓN PARA O TEXTO QUE ESCRIBIDES


Así que o primeiro que tedes que facer é buscar moitas páxinas que teñan que ver co voso tema; logo decidir cales utilizades como links, cales como fonte de información para o voso texto e de cales tomades as imaxes. Gardade esas direccións porque o primeiro que vos vou pedir é que mas indiquedes.

Etiquetas: