tecnocesures

03 março 2022

SOLUCIÓNS AOS EXERCICIOS DE REDES DE PETRI

Solución ao exercicio 4: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 5: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 6: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 7: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 8: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 10: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 11: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 12: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 13: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 14: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 15: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 16: SEGUIR LIGAZÓN

Solución ao exercicio 17: SEGUIR LIGAZÓN

Etiquetas: ,

31 maio 2019

DÚAS REDES DE PETRI PARA PROGRAMAR




Etiquetas: ,

06 abril 2019

CONCEPTOS FUNDAMENTAIS DE PROGRAMACIÓN EN AWL:


O sistema recibe instrucións mediante os valores dunhas variables de entrada, e dependendo do seu deseño para a situación no que se encontre activa ou desactiva unhas saídas. Como procesamos esas posibilidades?

Entrada = 1 => Entrada activada
Saída = 1 => Saída activada
Nodo = 1 => Nodo ten marca
Transición = 1 => Dispárase
Variable virtual = 1 => A condición que representa cúmprese.

Se valen 0 significa o contrario.

* OB1: Prográmase sempre igual; indica ao autómata cantos bloques de programa hai e en que orde ten que executalos: “SPA PB1 / SPA PB2 / SPA PB3 / BE”

* OB21: Establece o MARCADO INICIAL DA REDE: Empeza sempre con “UM0.0 / ONM0.0” (é unha condición que se cumpre sempre, para indicar ao autómata que as instrucións que seguen tenas que efectuar cada vez que se encenda o autómata); logo prográmase NODO A NODO: se na Rede o nodo ten marca ponse SM0.0 (no caso de que o nodo ao que lle chamamos M0.0 teña marca); se non a ten poñemos RM0.1 (se o nodo M0.1 non ten marca cando encendemos); para indicar que termina o bloque ponse BE.

* PB1: Programamos TRANSICIÓN A TRANSICIÓN en que casos se dispara. Para que unha transición se dispare ten que cumprirse a condición asociada a ela e ten que haber marca en todos os nodos dos que saen arcos que chegan a esa transición.
Se a programación fose, por exemplo, “UM0.0 / UE0.1 / =M1.1” á transición M1.1 só chegaría un arco que sairía do nodo M0.0 e para que se disparase tería que ser E1=1.
O CASO PARTICULAR é que a condición sexa do tipo OU. Nese caso, hai que programar primeiro a condición de disparo cunha variable virtual e logo, usando esa variable virtual, programamos o disparo da transición. Por exemplo, se á transición M1.4 chega un arco de M0.2 e outro de M0.5 e a condición de disparo é “E3 ou E4” programaríamos “UE0.3 / OE0.4 / =M2.0 / UM0.2 / UM0.5 / UM2.0 / =M1.4”.
Despois de programar o disparo de todas as transicións poñemos BE.

* PB2: Programamos TRANSICIÓN A TRANSICIÓN de onde desaparecen marcas e onde aparecen cando se dispara cada transición. Primeiro indicamos en que nodos ten que haber marcas para que se dispare a transición e poñemos a condición de que a transición ten que dispararse, logo quitamos marcas (reseteamos) de todos os nodos que acabamos de indicar e as poñemos (seteamos) nos nodos aos que chegan arcos que saen da transición que estamos programando. Por exemplo, se á transición M1.4 chegan arcos que saen de M0.2 e M0.5 e sae un arco que chega a M0.6 programaríamos
UM0.2 / UM0.5 / UM1.4 / RM0.2 / RM0.5 / SM0.6”.
Despois de programar todas as transicións poñemos BE.

* PB3: Tomamos nota PARA CADA SAÍDA do sistema en que nodos se activa e programamos SAÍDA A SAÍDA. Se, por exemplo, a saída 1 (A1 na rede, A0.1 no programa) se activa cando hai marca en M0.3, en M0.6 ou en M0.7 programaríamos
UM0.3 / OM0.6 / OM0.7 / =A0.1”.
Unha vez que estivesen programadas todas as saídas escribiríamos BE.

En todo o caso, para empezar a programar hai que:
  1. Localizar condicións do tipo “OU” para asignarlles variables virtuais.
  2. Asignar nome a cada transición e a cada nodo para utilizalos ao programar.
  3. Programar bloque a bloque nesta orde: OB1, OB21, PB1, PB2 e finalmente PB3.

Etiquetas: ,

29 março 2019

eis


Etiquetas:

Redes de Petri. Conceptos básicos.

Que son as Redes de Petri?
- Son diagramas que serven para representar a evolución dun sistema, tanto se é fixa como variable.

De que están compostas?

  • Nodos:
      > Representan os posibles estados polos que pode pasar o sistema.
      > Están asociados ás saídas do sistema (as accións que realiza).
      > Represéntanse cun círculo.
  • Transicións:
      > Representan os cambios de estado.
      > Están asociadas ás entradas do sistema (a que ten que estar “atento” para evolucionar).
      > Ao dispararse unha transición o sistema pasa dun estado (nodo) a outro.
      > Represéntanse cun segmento.
  • Arcos:
      > Relacionan nodos e transicións.
      > Representan a evolución posible do sistema dun estado a outro dependendo das condicións que se cumpran.
      > Un arco une unha transición e un nodo ou un nodo e unha transición, pero nunca dous nodos ou dúas transicións.
      > Represéntanse cunha frecha.
  • Marcas:
      > Indican en que estado se encontra o sistema.
      > Represéntanse cun punto negro.
  • Anotacións:
      > Indican a información referente ás entradas asociadas a cada transición e ás saídas que se activan cando o sistema se encontra en cada estado.

Como representan a evolución do sistema?
  • Mediante o paso das marcas duns nodos a outros.
  • Para que as marcas pasen dun nodo a outro ten que dispararse algunha transición.
  • Para que se dispare unha transición ten que:
    + Cumprirse a condición asociada a ela (anotación).
    + Haber marcas en todos os nodos dos que saen arcos que entran nesa transición.
  • Cando se dispara unha transición:
    + Desaparecen as marcas que hai nos nodos dos que saen arcos que chegan á transición que se dispara.
    + Aparecen marcas nos nodos aos que chegan arcos que saen da transición que se dispara.

Un exemplo para entendelo mellor:

Etiquetas: ,

25 março 2019

Exercicio 4 (Rede de Petri do montacargas)

As redes, tal e como están debuxadas, teñen o seguinte problema: se alguén non acabou de utilizar o montacargas, por exemplo, no nivel 1 e outra persoa o chama desde o 2 ou o 3, a persoa do nivel 1 non ten ningunha posibilidade de impedir que marche.
Ademais, non ten ningún dispositivo de seguridade para impedir que (polo motivo indicado ou por outro) a porta do nivel pechase cando alguén aínda está traballando co montacargas nese nivel.
Sen introducir novas entradas no sistema, como poderíamos modificar a Rede de Petri para evitar ámbolos dous inconvenientes (nos tres niveis)?





Suxestión para que non saiba por onde empezar, despois de pensar largo rato, máis abaixo:


















Pódese usar o botón do nivel no que está o montacargas para que, se está pulsado, o montacargas non poida marchar para outro nivel e, ademais, para o caso de que se se empeza a pechar a porta do nivel volva abrirse. Introduce estes cambios na Rede.

Etiquetas: ,