tecnocesures

14 dezembro 2006

TEMAS PARA O BLOG DE 4º; 2º TRIMESTRE

Visto o éxito dos posts do primeiro trimestre, no segundo vai haber que elexir entre os temas para os posts que preseleccionei eu.

Entón, imos repartir os seguintes temas entre os membros da clase:


- Tecidos intelixentes (roupa intelixente)
- Nadal e medio ambiente
- Condución ecolóxica
- Técnicas de restauración e investigación en obras de arte
- Técnicas de investigación policial
- Medidas de aforro enerxético cotiás
- Desastres medioambientais próximos a nós
- Condución automática
- Patronaxe
- G.P.S.
- Mensaxes de móbil
- Cámaras de fotos
- Animación en cine
- Os coches convertibles: teito duro ou brando?
- Botas de fútbol
- Innovacións que chegan da fórmula 1 ao automóbil comercial
- O futuro según... (o alumno que o escolla)
- Enerxía solar
- Kyoto? Non, Galicia!

POR SUPOSTO, HAI QUE ENFOCALOS DENDE A PERSPECTIVA DA MATERIA QUE NOS OCUPA E CO NÍVEL QUE SE LLE SUPÓN A ALUMNOS DE 4º DE E.S.O.

O reparto faise segundo a Lei da Selva: o primeiro que o solicite mediante un comentario a este post, queda con el. Se alguén non se decide por ningún, asígnollo eu. Acepto suxestións se están moi ben fundamentadas.

Etiquetas: