tecnocesures

06 junho 2017

NON MANDES UN HUMANO FACER O TRABALLO DUNHA MÁQUINA

Isto dicíallo un Axente Especial a Morfeo en The Matrix (1999) e parece que cada vez está máis preto de tornarse certo.











Recentemente saiu unha curiosa ferramenta informática que nos di que probabilidade hai de que un robot faga o noso traballo.
Como é lóxico, traballos guiados e pouco creativos como soldar, conducir, etc., teñen un 'risco' alto de ser automatizados e, por tanto, moitos traballadores que opten por eles poderían logo non ter traballo.
Outros empregos máis creativos e especializados como profesor, enxeñeiro, etc., parece que van ser coto exclusivo dos humanos aínda por un tempo.
Se queredes ver a probabilidade de que un traballo concreto acabe sendo feito por robots, poñédevos as gafas de ler e escribir en inglés e seguide a SEGUINTE LIGAZÓN.
En todo caso, a Humanidade xa se ten enfrontado a situacións parecidas a esta (como por exemplo a principios do Século XIX coa chegada das novas máquinas da Revolución Industrial) e pasado o tempo parece que a calidade de vida acabou aumentando, pero o certo é que o asunto dos robots visto desde agora dá mala espiña...

Etiquetas: , ,