tecnocesures

13 setembro 2016

DESEÑO E CONSTRUCIÓN DE ROBOTS

Esta parte, incluída dentro do Bloque 4. Control e robótica, desenvolve os contidos seguintes:
B4.2. Deseño e construción de robots
B4.3. Graos de liberdade
B4.4. Características técnicas.

A información contida nas seguintes sites é máis que suficiente para tratar este asunto:
LIGAZÓN 1
LIGAZÓN 2

A parte de programación de sistemas de control xa a vimos en 3º, así que de cara á Reválida é importante que repasedes o que vimos sobre Redes de Petri e Programación de autómatas.

Etiquetas: ,

INSTALACIÓNS EN VIVENDAS

Os Estándares de Aprendizaxe para este Bloque 2. Instalacións en vivendas son:
TEB2.1.1. Diferencia as instalacións tipicas dunha vivenda.
TEB2.1.2. Describe os elementos que compoñen as instalacións dunha vivenda.
TEB2.2.1. Interpreta e manexa simboloxía de instalacións eléctricas, calefacción, subministración de auga e saneamento, aire acondicionado e gas.
TEB2.2.2. Deseña con axuda de software unha instalación para unha vivenda tipo con criterios de eficiencia enerxética.
TEB2.3.1. Realiza montaxes sinxelas e experimenta e analiza o seu funcionamento.
TEB2.4.1. Propón medidas de redución do consumo enerxético dunha vivenda.

Os contidos correspondentes:
B2.1. Instalacións características: eléctrica, de auga sanitaria e de saneamento.
B2.2. Outras instalacións: calefacción, gas, aire acondicionado e domótica.
B2.3. Normativa, simboloxía, análise e montaxe de instalacións básicas.
B2.4. Aforro enerxético nunha vivenda. Arquitectura bioclimática

Para esta parte da materia tamén imos aprender a aprender.
Coido que para ver estes contidos convén utilizar ESTA SITE, que é a máis amigable das que encontrei. Ao ser interactiva, non é imprimible, pero podedes sacar boa información dela.

Dentro dos imprimibles:
ESTA LIGAZÓN lévavos a un site que desenvolve todos os puntos básicos.
ESTOUTRA lévanos a uns apuntes que están bastante ben, e ademais foron feitos en Rianxo.
> ESTA ÚLTIMA é interesante porque afondan máis no asunto das instalacións e da simboloxía, e poñen mesmo exercicios, aínda que se cadra afondan en exceso.

Etiquetas: , ,

COMUNICACIÓN CON E SEN FIOS. TIPOS DE REDES.

Esta parte da materia está incluída dentro do Bloque 1. Tecnoloxías da información e da comunicación. Déixovos aquí unhas ligazóns para que, aprendendo a aprender, traballedes os Estándares de Aprendizaxe:
TEB1.1.1. Describe os elementos e os sistemas fundamentais que se utilizan na comunicación con fíos e sen eles.
TEB1.1.2. Describe as formas de conexión na comunicación entre dispositivos dixitais.

Estes Estándares correspóndense cos Contidos:
B1.1. Elementos e dispositivos de comunicación con fíos e sen eles.
B1.2. Tipoloxía de redes.

A site que encontrei que desenvolve máis exactamente estes contidos é ESTA.
Déixovos tamén as ligazóns ás entradas da Wikipedia sobre COMUNICACIÓN INALÁMBRICA e sobre REDES DE COMPUTADORES.

Etiquetas: , ,