tecnocesures

29 março 2019

eis


Etiquetas:

Aquí tedes, nunha soa imaxe, a referencia do nome das entradas e saídas do sistema co seu significado dentro do sistema dun xeito gráfico:
VOLVER A "O problema do montacargas"

Que nomes imos dar ás saídas do sistema?
VOLVER A "O problema do montacargas"

No debuxo indicamos uns posibles nomes para as entradas do sistema descrito:
VOLVER A "O problema do montacargas"

Enunciado


Imaxinemos un montacargas que conecta tres niveis: o 1, o 2 e o 3. 
En cada nivel hai tres botóns xunto ao montacargas, un no que pon 1, outro no que pon 2 e outro co 3 (que representan os niveis correspondentes), que pode accionar o usuario. 
O montacargas funciona do seguinte xeito: cando desde un nivel se pulsa o botón dese mesmo nivel o montacargas, se está parado noutro nivel e coas portas abertas, pecha as portas do nivel no que estea e acode ao nivel desde o que se lle chama. 
Cando chega a ese nivel, abre as portas dese nivel. Entón, colocan nel unha carga e pulsan o botón do nivel ao que desexan enviar esa carga. Nese momento péchanse as portas do nivel no que se colocou a carga e o montacargas diríxese ao nivel correspondente. 
Ao chegar a ese nivel, abre as portas dese nivel e alguén debería, entón, retirar a carga, quedando a porta dese nivel aberta ata que volvan chamar por el.
Atréveste a debuxar unha rede de Petri para este sistema?

O problema do montacargas


Etiquetas:

Redes de Petri. Conceptos básicos.

Que son as Redes de Petri?
- Son diagramas que serven para representar a evolución dun sistema, tanto se é fixa como variable.

De que están compostas?

  • Nodos:
      > Representan os posibles estados polos que pode pasar o sistema.
      > Están asociados ás saídas do sistema (as accións que realiza).
      > Represéntanse cun círculo.
  • Transicións:
      > Representan os cambios de estado.
      > Están asociadas ás entradas do sistema (a que ten que estar “atento” para evolucionar).
      > Ao dispararse unha transición o sistema pasa dun estado (nodo) a outro.
      > Represéntanse cun segmento.
  • Arcos:
      > Relacionan nodos e transicións.
      > Representan a evolución posible do sistema dun estado a outro dependendo das condicións que se cumpran.
      > Un arco une unha transición e un nodo ou un nodo e unha transición, pero nunca dous nodos ou dúas transicións.
      > Represéntanse cunha frecha.
  • Marcas:
      > Indican en que estado se encontra o sistema.
      > Represéntanse cun punto negro.
  • Anotacións:
      > Indican a información referente ás entradas asociadas a cada transición e ás saídas que se activan cando o sistema se encontra en cada estado.

Como representan a evolución do sistema?
  • Mediante o paso das marcas duns nodos a outros.
  • Para que as marcas pasen dun nodo a outro ten que dispararse algunha transición.
  • Para que se dispare unha transición ten que:
    + Cumprirse a condición asociada a ela (anotación).
    + Haber marcas en todos os nodos dos que saen arcos que entran nesa transición.
  • Cando se dispara unha transición:
    + Desaparecen as marcas que hai nos nodos dos que saen arcos que chegan á transición que se dispara.
    + Aparecen marcas nos nodos aos que chegan arcos que saen da transición que se dispara.

Un exemplo para entendelo mellor:

Etiquetas: ,