tecnocesures

29 março 2019

Enunciado


Imaxinemos un montacargas que conecta tres niveis: o 1, o 2 e o 3. 
En cada nivel hai tres botóns xunto ao montacargas, un no que pon 1, outro no que pon 2 e outro co 3 (que representan os niveis correspondentes), que pode accionar o usuario. 
O montacargas funciona do seguinte xeito: cando desde un nivel se pulsa o botón dese mesmo nivel o montacargas, se está parado noutro nivel e coas portas abertas, pecha as portas do nivel no que estea e acode ao nivel desde o que se lle chama. 
Cando chega a ese nivel, abre as portas dese nivel. Entón, colocan nel unha carga e pulsan o botón do nivel ao que desexan enviar esa carga. Nese momento péchanse as portas do nivel no que se colocou a carga e o montacargas diríxese ao nivel correspondente. 
Ao chegar a ese nivel, abre as portas dese nivel e alguén debería, entón, retirar a carga, quedando a porta dese nivel aberta ata que volvan chamar por el.
Atréveste a debuxar unha rede de Petri para este sistema?