tecnocesures

26 novembro 2010

PROPOSTA DE TEMAS PARA 2011

Hai algúns temas que vos leva comentando certo tempo pero que ninguén se decide a estudar que seguen sendo interesantes para traballar sobre eles:
- o impacto ambiental de fabricar produtos ecolóxicos (pista)
- a realidade aumentada
- a cuestión sobre se son preferibles os coches híbridos ou os 'cero emisións' en clave ecolóxica (pista)

Engádovos outros temas de interese:
- arquitectura bioclimática: concepto e principios básicos
- as proteccións contra o Radón
- as intoxicacións e mortes por monóxido de carbono (motivo) e como evitalas
- a biodiversidade (que é, por que é importante, cales son as principais ameazas sobre ela e cales serán as consecuencias da súa diminución)
- o Theremin
- "do Melotrón aos Samplers"
- o caza EA6 Prowler para a guerra electrónica
- o proceso de produción das baterías para que poidan funcionar os coches eléctricos dos que vos falo no parágrafo anterior (e o impacto ambiental da súa produción, uso, mantemento e refugallo)...
- a obsolescencia planificada
- Thomas A. Edison vs Nicola Tesla (importancia e motivos do realtivo descoñecemento do segundo; tanto volo facilito que vos poño un post neste blogue)
- A máquina de dar abrazos de Temple Grandin
- Innovacións que chegaron da Fórmula 1 ao automóbil comercial
- Como afectan os monocultivos á destrución de biodiversidade e cales son os monocultivos máis perigosos nese sentido? (aquí habería que falar algo dos monocultivos para biocombustibles)
- A autosuficiencia de España en materia nuclear: realidade ou mito?
- Coches descapotables: con teito duro ou con teito brando?
- Compromisos do cumio de Cancún: só unha foto ou algo máis?
- As investigacións de Matthieu Ricard sobre neurociencia e felicidade (implicacións para o futuro)
- Aportacións da Tecnoloxía á seguridade na navegación (marítima)
- Aportacións da Tecnoloxía á eficacia do salvamento marítimo
- Coches anfibios
- Honcode: que é, como funciona, necesidade da súa existencia e utilidade do servizo.
- Funcionamento dos cinemómetros; tipos de radares de control de velocidade.
- Os aerodeslizadores ou hovercraft
- Os helicópteros de carga

Como sempre, tamén podedes facer os clásicos:
- o futuro según...
- posibilidade técnica de...
- antecedentes e evolución futura de...

Para facelo ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema dos que están aquí indicados vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'Enviar un comentario'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas xa están collidos.
Se vos interesa facer o post sobre un tema diferente aos que vos indico na relación anterior, comentádemo antes de mandardes o comentario dicindo que queredes ese tema para vós (por se non for un tema válido).

Etiquetas:

13 Comments:

At 12:18 da tarde, Anonymous Anónimo said...

son pablo e fagoo dos coches electricos

 
At 12:19 da tarde, Anonymous Anónimo said...

son isma e vouno facer do caza EA6 Prowler para a guerra electrónica

 
At 12:23 da tarde, Anonymous Anónimo said...

soy andrea y lo boy hacer de la arquitectura bioclimatica

 
At 12:23 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Son Laura e vouno facer sobre a biodiversidade

 
At 12:28 da tarde, Anonymous Anónimo said...

son Rubén D. elixo o tema de obsolescencia programada....

 
At 12:37 da tarde, Anonymous Anónimo said...

ola
son Sergio e vouno facer sobre o Theremín

 
At 12:40 da tarde, Anonymous Anónimo said...

son Steven C. e vou falar dos coches con teito duro ou con lona

 
At 12:07 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Son Ana e vouno facer de Matthieu Ricard

 
At 12:13 da tarde, Anonymous Anónimo said...

son monchiño vouno facer dos radar

 
At 12:23 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Son Victor.e vou falar dos helicopteros de carga

 
At 12:29 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Son Rodrigo e vou face-lo meu post da máquina de dar abrazos.

 
At 12:06 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Hola son Kevin e vouno facer dos hidrópteros

 
At 12:37 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Hola son Fabio e vouno faces sobre os hovercrafts

 

Enviar um comentário

<< Home