tecnocesures

27 janeiro 2011

AXUDA PARA HIPONCONDRÍACOS ON-LINE

Se sodes dos que procurades os síntomas das vosas enfermidades en Google para non irdes ao médico, convenvos saber o seguinte:
Se en vez de procurar, por exemplo, "tifus" procurades "tifus honcode" os resultados que vos van aparecer na procura corresponden a páxinas que superaron un 'control de calidade médico'.
Así que xa sabedes, se procurades en Internet información sobre enfermidades engadide 'honcode'.

Etiquetas: