PROPOSTA DE TEMAS PARA A 3ª AVALIACIÓN
Hai algúns temas que vos levo comentando certo tempo pero que ninguén se decide a estudar e seguen sendo interesantes para traballar sobre eles:
- a cuestión sobre se son preferibles os coches híbridos ou os 'cero emisións' en clave ecolóxica (pista)
Engádovos outros temas de interese:
- o proceso de produción das baterías para que poidan funcionar os coches eléctricos dos que vos falo no parágrafo anterior (e o impacto ambiental da súa produción, uso, mantemento e refugallo)...
- Thomas A. Edison vs Nicola Tesla (importancia e motivos do realtivo descoñecemento do segundo; tanto volo facilito que vos poño un post neste blogue)
- Innovacións que chegaron da Fórmula 1 ao automóbil comercial
- Como afectan os monocultivos á destrución de biodiversidade e cales son os monocultivos máis perigosos nese sentido? (aquí habería que falar algo dos monocultivos para biocombustibles)
- O accidente nuclear de Fukushima: en que consistiu, cales foron as causas, cales van ser as consecuencias, como se podería ter evitado...
- Aportacións da Tecnoloxía á seguridade na navegación (marítima)
- Aportacións da Tecnoloxía á eficacia do salvamento marítimo
- Coches anfibios
- Cal é o camiño para a electrificación? O caso do Renault Twizy
- O programa HAARP dos EE.UU. Nota: Este tema só pode ser escollido por unha persoa que teña realmente interese por estudar a fondo o tema sen ter claro que poida chegar a unha conclusión certa.
- O armamento nuclear: antecedentes, bases tecnolóxicas do seu funcionamento e evolución previsible.
Como sempre, tamén podedes facer os clásicos:
- o futuro según... (Fulanito)
- posibilidade técnica de... (algún invento que se vos ocorra)
- antecedentes e evolución futura de... (algún aparello que estea hoxe en uso)
Para facelo ordeadamente, cando esteades seguros de que un tema dos que están aquí indicados vos interesa para traballar sobre el, escribide un comentario a este post (tedes que facer click na ligazón de aquí abaixo, que pon 'X comments'), de maneira que todos os demais poidan ir vendo que temas xa están collidos. Se vos interesa facer o post sobre un tema diferente aos que vos indico na relación anterior, comentádemo antes de mandardes o comentario dicindo que queredes ese tema para vós (por se non for un tema válido).
Etiquetas: BLOG DE 4º
11 Comments:
Hola son Pablo e meu tema vai ser da Aportacións da Tecnoloxía á eficacia do salvamento marítimo
Son Ana, elixo o tema de Honcode.
hola son andrea e elixo o tema do radón
Hola , son Rodrigo e vou falar da autosuficiencia en españa de materia nuclear.
Hola son sergio e eligo o tema de - Innovacións que chegaron da Fórmula 1 ao automóbil comercial
son kevin e vou a facer o traballo sobre o monóxido de carbono
ola,son ruben e elixo o tema de realidade aumentada
Hola son steven e o meu tema e :a cuestión sobre se son preferibles os coches híbridos ou os 'cero emisións' en clave ecolóxica.
hola son fabio e o tema que escollo é o armamento nuclear
Son Laura e o tema que elixo é como afectan os monocultivos a destrucción de biodiversidade
ola, son isma e vou facer o post sobre o accidente na central de fukushima
Enviar um comentário
<< Home