tecnocesures

04 novembro 2011

DATAS PARA O 1º POST; 2011-2012

Van quedando xa poucas horas de clase no que resta de trimestre, de xeito que imos fixar unhas datas nas que teredes que ir entregando partes sucesivas do traballo (enviándomas por correo electrónico a tecnocesures@hotmail.com) para que non teñades a tentación de deixalo todo para o último día. Estas datas (son todas datas límite e a hora límite para todas elas é as 10h45), e o que hai que entregar en cada unha, son as da seguinte relación:

XA ENVIADO: tema definitivo para o terceiro post (descrición en 4 ou 5 liñas do enfoque concreto que se lle vai dar).
11 de NOVEMBRO
de 2.011: direccións das que se vai sacar a información para escribir o texto.
18 de NOVEMBRO
de 2.011: direccións das que se van sacar as imaxes.

25 de NOVEMBRO de 2.011: direccións que van servir como ligazóns (de todas maneiras, haberá que indicar cando estea o texto redactado -como vos indiquei nun post anterior- en que parte do texto vai situada cada ligazón).

9 de DECEMBRO de 2.011: texto definitivo, con título, autor, imaxes e ligazóns.

Isto son datas de entrega; en todo caso, cada traballo xa o podedes (e debedes) ir tendo feito con anterioridade. Coa busca do tema, seguro que xa fostes encontrando páxinas nas que documentarvos para escribir sobre el, para poñer como ligazóns e das que sacar as imaxes, así que o único traballo que realmente vos quedaría sería redactar o post.

Non hai problema en que (se despois de me enviardes as direccións que ides usar encontrades unhas que vos parecen máis apropiadas) cambiedes as direccións, sempre que non repitades ningunha nin nas de texto, nin como ligazóns nin para as imaxes (por exemplo, dúas entradas distintas da Wikipedia, neste sentido, considéranse unha mesma dirección). Tede tamén moito coidado coa credibilidade da información contida nas direccións que usedes, porque dela vai depender a credibilidade da vosa información.

Etiquetas: