TRANSFORMACIÓNS ENERXÉTICAS
Do ano pasado recollemos a entrada na que falábamos do motor de Tomiki, que transforma enerxía lumínica en mecánica.
Outra das transformacións que nos quedan por comentar é a da enerxía calorífica en enerxía eléctrica. Isto conséguese grazas ao termopar. Póñovos tamén a ligazón da Wikipedia por se tedes curiosidade.
Tamén na Wikipedia dannos exemplo de como cambios térmicos poden desencadear cambios químicos e viceversa; isto está relacionado coas reaccións endotérmicas e exotérmicas. O caso do óxido de calcio, se ledes a ligazón, serve para facerse unha idea aproximada.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home