ESCÉPTICOS DAS RENOVABLES!!! LEDE
Mirade que cruel é a actualidade, que fai coincidir a noticia de que no mes de marzo a eólica foi a primeira fonte de produción de enerxía eléctrica en España (e indica que o conxunto das renovables forneceu máis do 42% do total) coas noticias da contaminación que segue a producir a central de Fukushima nas súas proximidades e a distancias moito maiores...
E a calquera lle dá por pensar "¿será só o principio?" En todo caso, Alemaña decidiu non volver abrir as centrais nucleares que pechara provisionalmente tralo accidente do Xapón: "Non vaia ser..."
Etiquetas: CENTRAIS ELÉCTRICAS, NOTICIAS, RECURSOS, SUSTENTABILIDADE
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home