tecnocesures

27 fevereiro 2018

NOVIDADES EN MECANIZACIÓN DO TRABALLO...

... nesta noticia de El País sobre a introdución de exoesqueletos na súa fábrica de Valencia, o que permite reducir a esixencia física do traballo.

Etiquetas:

14 maio 2015

MÁQUINA DE CONTROL NUMÉRICO TRABALLANDO


Por suxestión de Samuel Castro poño este vídeo do programa "El hormiguero" onde se ve unha máquina de C.N.C. traballando. Neste caso é para facer un adorno, pero son moi útiles para fabricar calquera tipo de peza para a industria. Son, ademais, un bo exemplo do uso do CAD-CAM.

Etiquetas:

19 novembro 2014

ACHEGAMENTO AO JUST IN TIME











Nos apuntamentos xa tedes unha breve descrición do J.I.T.. Pero se non vos chega e queredes saber máis recoméndovos esta ligazón dunha asociación de empresarios. Estoutra é moito máis extensa e só recomendable para fanáticos do tema. Esta terceira é o caso contrario: conta ben pouco, pero menos dá unha pedra.

Etiquetas: ,

17 novembro 2014

UN POUCO DE ORGANIZACIÓN

A organización industrial ten como referente principal o estudo do traballo, o cal tivo sentido a partir da aparición das fábricas e da produción en cadea, da que derivou a organización científica do traballo.
Pasados moitos anos, Eliyahu Goldratt enunciou a súa Teoría das Limitacións, ou das Restriccións, a T.O.C. (polas iniciais de Theory Of Constraints). Se hai alguén increíblemente interesado pode abrir as ligazóns, onde hai moita información sobre todo isto.
Déixovos tamén un vídeo brasileiro que fala sobre isto:

Etiquetas:

11 novembro 2014

MECANIZACIÓN, AUTOMATIZACIÓN E ROBOTIZACIÓN

     Son cousas parecidas pero non son o mesmo. Se alguén quere ampliar as nocións que xa tedes nos apuntamentos, póñovos aquí unhas ligazóns.
     Sobre mecanización eis a entrada da Wikipedia -que non aclara moito- e outra colombiana -que se refire á mecanización agrícola (aínda que os conceptos son os mesmos cós da industrial)-.
     Sobre automatización, a da Wikipedia -que inclúe fotos de robots, o cal pode levar a engano- e outra máis interesante.
     Sobre robotización, a máis completa das cinco.

     Se cadra con imaxes igual entendedes mellor a diferencia, e máis se é con imaxes en movemento:

     Mecanización é, por exemplo, usar carretillas motorizadas, como neste caso:


     O exemplo básico de automatización é a típica fábrica de refrescos


     De robotización, dous exemplos:




     e outro de postre...

Etiquetas: , , ,