tecnocesures

13 novembro 2014

AVALIACIÓN DO OBXECTO CONSTRUÍDO

Unha cousa é avaliar a seguridade activa dun coche e outra avaliar a súa seguridade pasiva. Para que vexades clara a diferenza póñovos aquí uns poucos vídeos:

PROBAS PARA AVALIAR A SEGURIDADE PASIVA:

O mesmo coche sen e con cinto de seguridade (e airbag):


Un con airbag:


Por se tedes dúbida imos chocar un coche moderno e outro un pouco máis antigo; un Chevrolet Malibu de 2009 contra un Chevrolet Bel Air de 1959:


PROBAS PARA AVALIAR A SEGURIDADE ACTIVA:






Etiquetas: ,

11 novembro 2014

MECANIZACIÓN, AUTOMATIZACIÓN E ROBOTIZACIÓN

     Son cousas parecidas pero non son o mesmo. Se alguén quere ampliar as nocións que xa tedes nos apuntamentos, póñovos aquí unhas ligazóns.
     Sobre mecanización eis a entrada da Wikipedia -que non aclara moito- e outra colombiana -que se refire á mecanización agrícola (aínda que os conceptos son os mesmos cós da industrial)-.
     Sobre automatización, a da Wikipedia -que inclúe fotos de robots, o cal pode levar a engano- e outra máis interesante.
     Sobre robotización, a máis completa das cinco.

     Se cadra con imaxes igual entendedes mellor a diferencia, e máis se é con imaxes en movemento:

     Mecanización é, por exemplo, usar carretillas motorizadas, como neste caso:


     O exemplo básico de automatización é a típica fábrica de refrescos


     De robotización, dous exemplos:




     e outro de postre...

Etiquetas: , , ,

24 outubro 2014

"REPARTO" DA RIQUEZA

Hai oito días Gabriel Lemos publicou en La Voz de Galicia esta noticia, na que fala da desigualdade na distribución da riqueza. Desgraciadamente na web non colgaron o gráfico no que recollían a información máis interesante.
O infográfico reflectía, por exemplo, que o 0'7% das persoas máis "ricas" da terra posúen o 44% da riqueza e que o 7'9% seguinte posúe o 41'3% da riqueza; é decir: o 8'6% dos máis ricos posúen o 85'3% da riqueza.
Como vedes, son datos aínda peores cós do gráfico que vai aquí pegado, que corresponde a un gráfico de 2009 sacado dunha entrada dunha bitácora de 2011. Nel vemos que o 20% da poboación máis rica posuía o 82'7% da riqueza.



















Na noticia Lemos indica tamén que o 69'8% dos habitantes con menos riqueza da terra posúe só o 2'9% da riqueza. Tamén é un dato aínda peor có que se saca do gráfico de 2009, no que o 60% da poboación con menos recursos posuía só o 5'6% da riqueza.
Arrepiante. E cada vez peor.


Etiquetas: ,

23 outubro 2014

SETE IMAXES SOBRE ESGOTAMENTO DE RECURSOS E CRECEMENTO DA POBOACIÓN

A primeira e a segunda amósannos a evolución da poboación humana nos últimos 2500 anos, e máis:
































A terceira amósanos proxeccións e outros detalles sobre o asunto

A cuarta fálanos das consecuencias da política do fillo único en China. Isto debería levarnos a unha reflexión interesante sobre a liberdade...























Reflexionade sobre o seguinte gráfico; que é o que conta e que ten que ver cos gráficos anteriores?
Unha máis sobre a pegada ecolóxica dos distintos países e a que se debe a pegada de cada un. A referencia de 1'8Ha é a que permitiría o desenvolvemento sustentable.





















E outra, que relaciona a pegada ecolóxica co nivel de vida: aquí vemos que non é sempre certo (aínda que a tendencia é esa) que para vivir moi ben haxa que producir moito impacto no planeta. Por exemplo, en Noruega vívese mellor que nos Estados Unidos pero a súa pegada ecolóxica é moito menor.
















Nesta web (GAPMINDER.ORG) temos a posibilidade de chafullar en gráficos para sacar moita moita información sobre estes asuntos.

Etiquetas: ,

15 outubro 2014

EVOLUCIÓN DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN (RADIO E TV)

Se tedes interese no tema, pégovos aquí a ligazón que tedes nos apuntamentos no punto 2 (Principais fitos na historia da comunicación) e que se refire á evolución da radio e a televisión nos seus primeiros anos. Para lérdelo máis comodamente facede click en "FULL VIEW".
Tamén vos coloco a ligazón á páxina que vos indico no punto 3 sobre a transmisión das ondas electromagnéticas.

Etiquetas: , ,

09 outubro 2014

QUE MATA 20.000 PERSOAS POR ANO EN ESPAÑA?

Esta noticia fala do que xa imaxinades, e constata que o tema segue aí, aínda que prefiramos preocuparnos con outras historias. Eis, tamén, a ligazón co informe de Ecologistas en Acción do que falan na noticia.
Cousas do antes e despois, en 16 días a OMS vai dar noticia contando que no mundo son sete millóns de persoas as que morren cada ano a causa da contaminación, unha de cada oito. Case nada.


Etiquetas: , , ,

11 junho 2014

SOBRE BLADE RUNNER

Vexo que algúns non tedes moi claros algúns aspectos sobre Blade Runner. Por iso déixovos aquí dúas ligazóns:
-Outra que conta curiosidades que vos poden resultar interesantes se vos gustou.

Etiquetas:

09 maio 2014

PANCA E MOMENTO (OU PAR)

Este vídeo fala un pouco das pancas, dos xéneros...


Se alguén se aburre moito tamén pode botar un vistazo a estes dous vídeos, tamén sobre pancas...




E un exemplo para falar un pouco do momento vai no 2:06; como fixo máis longa a panca, o efecto da súa forza foi maior e puido desenroscar a porca. Lembrade, cando se produce un movemento de xiro o que importa non é a forza, senón o momento que produce esa forza con respecto ao eixo de xiro.

Etiquetas: , ,

UNS APUNTAMENTOS SOBRE BIOCOMBUSTIBLES

Eis o que nos conta o CNE do Salvador.
British Petroleum (non sei que me dá que falen estes de biocombustibles) tamén fala deles.
Aquí tedes máis información.
E isto vai a máis. No telexornal do 3 de abril, por exemplo, había dúas noticias relacionadas con isto:
                           

                           

Etiquetas: , , ,

ENERXÍA MAREMOTRIZ, UNDIMOTRIZ E DAS CORRENTES MARIÑAS

Este primeiro vídeo "fala" das centrais maremotrices e undimotrices:


Eis un vídeo promocional dun fabricante de xeradores eléctricos que aproveitan a enerxía das correntes mariñas que. como din, é renovable, predecible e ten un enorme potencial...


E como vedes nesta noticia da CNN de México isto non é ciencia ficción, é algo que xa funciona. Na BBC tamén falan disto, aínda que debemos puntualizar que o que usan é a corrente mariña relacionada coa marea, non a diferenza de nivel -como nas maremotrices-, e non son "molinos" o que se coloca senón xeradores eléctricos.


Etiquetas: , ,

22 abril 2014

MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN

Nas probas de acceso a ciclos aparecen case tódolos anos preguntas sobre materiais, en especial algunha sobre materiais de construción.
Case todo o que preguntan tédelo nos apuntes do tema de materiais que vimos en 2º, pero pode servos de utilidade esta LIGAZÓN QUE FALA DO BÁSICO SOBRE MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN.
Tamén é habitual que pregunten algo sobre aliaxes, así que non esquezades levar ben sabidos os compoñentes das aliaxes fundamentais (aceiro, bronce, latón).

Etiquetas: ,

19 março 2014

TESLA E EDISON

Explicando a guerra das correntes (ver entradas antigas) atopei varios clips que falan sobre o enfrontamento Tesla-Edison. Ou debíamos falar de enfrontamento Westinghouse-J.P.Morgan? Estes dous, homes de negocios máis que de ciencia -seguramente Edison tamén o era- tiveron máis claro que é preferible un mal acordo que un bo pleito, e repartiron o pastel.
Eis as ligazóns aos dous vídeos:

O DE DEBUXOS

O DE "HELADO CULTO" (Neste hai algún erro grave na redacción: evidentemente os tendidos eléctricos xa eran de c.a. antes de 2007; NON foron substituídos en 2007 de c.c. a c.a., como din no vídeo)

Etiquetas: , ,

11 junho 2013

HISTORIA DOS COMPUTADORES E DA COMPUTACIÓN

Eis o documental do que vos falei:

https://www.youtube.com/watch?v=vzT_Ah89urY

Etiquetas: , ,

07 junho 2013

NOCIÓNS BÁSICAS SOBRE COMPUTADORES

Escoitade que voz tan humana ten este vídeo que nos explica as cuestións máis fundamentais sobre como está constituído e como funciona un computador:


Por se algún de vós ensordece por levar os cascos moi altos, aquí hai un sen voz:


Etiquetas: , ,

04 junho 2013

MOTOR WANKEL

Se houber alguén extraordinariamente interesado polos motores rotativos ou Wankel (ligazón que explica como funcionan) eis un vídeo:

E neste vídeo, que é ben velliño pero interesante, faise unha comparación entre os motores Otto e Wankel.

Etiquetas: , ,

TURBORREACTORES

Para que practiquedes un pouco o voso inglés póñovos un vídeo onde explican como funciona o reactor dun Boing 747...
      Póñovos un mais, por se o entendedes mellor...

Etiquetas: , ,

30 maio 2013

MÁQUINA DE VAPOR

Eis dúas entradas sobre a máquina de vapor:
- unha de nivel principiante
- outra de nivel experto.
Eis un vídeo onde se pode entender o funcionamento da máquina de doble efecto (non é necesario para o noso nivel):

Para terminar, hai vos vai unha imaxe que igual vos axuda a entender o que é un volante de inercia:

Etiquetas: ,

16 maio 2013

BIELA-MANIVELA

Acho que con esta imaxe se entende perfectamente como funciona o mecanismo de biela-manivela:
En todo caso, se queredes unha explicación máis extensa, premede NESTA LIGAZÓN. Veremos a súa utilidade nuns días, cando falemos do motor Otto.


Etiquetas: ,

PARAFUSO-PORCA

Estas dúas imaxes son exemplos da utilización do mecanismo parafuso-porca:
 
Se queredes unha explicación máis extensa de como funciona, premede NESTA LIGAZÓN

Etiquetas: ,

CATRO PALABRAS SOBRE O PIÑÓN-CREMALLERA

Póñovos ESTA LIGAZÓN onde fala un pouco sobre este mecanismo, aínda que creo que está bastante clariño. Ten moitas aplicacións, como o mecanismo de apertura e peche de cancelas ou o sistema de dirección de moitos automóbiles


Etiquetas: , ,